Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2020

O Concello regula a través dun bando municipal as actividades permitidas no San Xoán

Péchanse as praias e non se poderán facer lumeradas, aínda que si estarán permitidas as churrascadas e sardiñadas sempre e cando se presente una declaración responsable e se cumpran as medidas de seguridade e aforos ditadas pola Xunta de Galicia como autoridade competente. Inés Rey pide a toda a cidadanía un esforzo suplementario de responsabilidad e de respecto, “que se evite o amoreamento de persoas, que se poida manter a distancia social”.

O Concello da Coruña publica hoxe un bando para regular las actividades permitidas durante a festividade de San Xoán. No bando, a alcaldesa, Inés Rey, pide a toda a cidadanía un esforzo suplementario de responsabilidade, de respecto, "que se evite o amoreamento de persoas, que se poida manter a distancia social, que se respecten as limitacións de capacidade e que se use a máscara nos casos en que é preceptivo".

"Este ano, debemos insistir máis que nunca na dispersión da celebración, nun San Xoán nos barrios da cidade, pero aínda así sen poder realizarse algunha das actividades que viñan sendo tradicionais", asegura a rexedora.

O texto lembra que o Concello pechará o día 23 de xuño o acceso ás praias da cidade, que deberán baleirarse de persoas ás 21:00 horas. Non se poderán facer cacharelas en ningún espazo público da cidade, nin poderá haber música ao vivo, nin se autorizará o peche de vías públicas, todo iso para evitar que se produzan reunións dun número excesivo de persoas.

Canto ás sardiñadas, churrascadas ou similares, o día 23 de xuño permitiranse realizar en espazos de titularidade pública, aínda que será preciso que as persoas interesadas presenten unha declaración responsable por escrito ao Concello, manifestando cumprir os requisitos para desenvolver a actividade e identificando a dúas persoas maiores de idade con todos os seus datos de identidade e contacto. A declaración poderá presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente nos rexistros municipais, previa cita, sempre con canto menos 24 horas de antelación.

O apartado de Seguridade Cidadá da web do Concello contén consellos e recomendacións relativos á seguridade desta actividade. Ademais, será obrigatorio limpar onde se instalen as grellas e resto dos elementos utilizados para desenvolveren as actividades permitidas.

Os servizos de seguridade e urxencias municipais (Policía Local, Servizo de Extinción de Incendios e Urxencias e o Servizo de Protección Civil) velarán polo cumprimento do regulado nesta disposición e no resto das ordenanzas municipais, así como nas normas ditadas polas autoridades para regular as actividades no período de nova normalidade e crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 de xeito que se as persoas responsables de instalacións non as retiran ou non as modifican voluntariamente no caso de seren requiridos para iso por razón de seguridade, poidan acceder á súa retirada inmediata e traslado onde se considere necesario, sen prexuízo da iniciación, no seu caso, do expediente sancionador que puidera corresponder. As zonas ocupadas por grellas e outros elementos deben garantir o libre paso de vehículos de emerxencia.

Non se permitirá realizar churrascadas nin sardiñadas en zonas forestais ou baixo o arboredo de parques e xardíns. As grellas e barbacoas deben manter unha distancia mínima de 10 metros de distancia ao tronco das árbores. E tampouco se permitirá facer churrascadas ou instalar grellas na totalidade do trazado do oleoduto, o Parque de Bens e o Monte de San Pedro, os Xardíns de Méndez Núñez, os Xardíns de San Carlos, a praza das Bárbaras e a contorna da Torre de Hércules, incluído o merendeiro das Lapas, sen prexuízo de que os servizos de seguridade poidan designar algunha outra zona baseándose en criterios de protección das persoas e os bens públicos.

A Policía Local poderá, como medida cautelar, comisar ou retirar todo tipo de materiais, instalación ou bens mobles en xeral, logo de llelo requirir ás persoas interesadas cando iso for posible. Se o comisado fose perecedoiro, destruirase ou entregaráselles a centros benéficos.

Documentos:

Bando_alcaldesa_San_Xoan.pdf (1 MB)

Innovación, Industria, Emprego e Consumo

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión