Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xuño de 2020

O Concello remata as obras de mellora da accesibilidade na avenida Gran Canaria

Esta actuación, que foi solicitada directamente pola Asociación de Veciños Labañou – San Roque, ten como obxectivo principal a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante

A área de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora da accesibilidade na avenida Gran Canaria, que arrincaron o pasado mes de febreiro.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, "con este proxecto o Concello responde ás peticións realizadas pola Asociación de Veciños Labañou - San Roque Francisco Rodríguez Otero á Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade". 

A actuación na avenida de Gran Canaria ten como obxectivo fundamental a mellora das zonas peonís no tramo comprendido entre a rúa Educación e a Praza da Mariña Mercante, onde enlazaría coas zonas peonís xa renovadas de Paseo de Rolda.

Desde Infraestruturas sinalan que se actuou "nas beirarrúas do tramo entre a rúa Perú e a rúa Educación, ata o paseo de Ronda, incluíndo a rotonda de Náutica", e que "o pavimento, que estaba moi deteriorado, substituise por terrazo en todo este tramo e por formigón na zona da praza entre a rúa Perú e a rúa Arxentina", onde tamén se instalará unha xardiñeira con nova vexetación e arboreda.

A accesibilidade tamén se veu mellorada nas dúas paradas de autobús desta vía, que agora ofrecen un andén adaptado e en liña co carril de circulación. Por outra banda, todos os pasos peonís da avenida melloraron a súa accesibilidade e priorizouse o tránsito peonil nas saídas dos garaxes.

Nestas obras de mellora tamén se habilitaron bancos e bolardos. Substituíronse as especies de alcorques individuais actuais por unha zona verde que impide o estacionamento de vehículos sobre as beirarrúas da avenida e, ademais, dá maior seguridade aos peóns e peoas.

Gran Canaria conta agora cunha nova canalización dos servizos municipais e do rego, e EMALCSA tamén aproveitou esta actuación para renovar toda a rede de abastecemento cunha nova tubaxe de fundición.

Moitas das obras que o Concello está a desenvolver en distintos barrios da cidade responden ás peticións que a veciñanza fai aos responsables municipais durante os encontros que se realizan de maneira periódica para coñecer a situación de cada zona.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión