Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2020

O Concello remítelle á Xunta a proposta de convenio marco do Chuac e reclámalle que concrete o seu investimento

Nunha carta remitida a María Pita o pasado venres, a Xunta comprometeuse a detallar as súas aportacións económicas nun anexo e, polo tanto, o Concello agardará agora polo devandito documento tras remitirlle hoxe o convenio marco

O Concello trasládalle o convenio marco á Xunta de Galicia co fin de impulsar de forma definitiva a construción do novo Hospital Universitario. O Goberno local, tras manter contacto directo nas últimas semanas coa administración autonómica, envioulle o documento marco de convenio para avanzar no establecemento entre ambas as administracións. Ao mesmo tempo, e co obxectivo de axilizar a sinatura deste, o Concello reclámalle á Xunta que achegue o anexo cos investimentos. Nunha carta remitida a María Pita o pasado venres, a Xunta comprometeuse a detallar as súas aportacións económicas nun anexo e, polo tanto, o Concello agardará agora polo devandito documento. Entende que é prioritario que se achegue coa máxima celeridade para impulsar esta infraestrutura sanitaria clave para a cidade.

 Durante seis meses o Concello agardou por un documento que concretase este aspecto xa que un convenio non pode asinarse sen o compromiso das dúas partes, "seguindo as conclusións dos xurídicos municipais".

A alcaldesa, Inés Rey, reiterou hoxe o seu absoluto compromiso co proxecto que entende  como fundamental para que A Coruña "teña o hospital que os coruñesas e coruñeses merecen".

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión