2 de abril de 2020
O Goberno local leva días achegándolles material cirúrxico a varias entidades da cidade e xa traballa nunha próxima partida para os profesionais municipais e de servizos esenciais
O concello repartiu hoxe preto de 10.000 equipos de protección do Covid-19 entre as e os traballadores municipais e as empresas concesionarias que están levando a cabo servizos esenciais. Nesta achega, o executivo local entregoulles o seguinte número de máscaras cirúrxicas a estas entidades:
• 1.500 máscaras para o colectivo de taxistas, incluíndo Radiotaxi e Teletaxi.
• 1.500 máscaras para os condutores e condutoras de autobuses da Compañía de Tranvías da Coruña.
• Máis de 200 para Emalcsa.
• 1.000 máscaras para a Concellería de Benestar Social, xunto a 50 máscaras de alta protección CPR, 50 traxes de bucio e 3.000 luvas.
• 1.000 máscaras para as e os profesionais municipais de Seguridade Cidadá (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil), xunto con 30 traxes de bucio e 1.000 pares de luvas.
• Abastecemento de diverso material de equipos de protección individual (EPI) para as concesionarias de tratamento e contenerización de lixo, así como máscaras para a concesionaria do servizo de limpeza e de recollida de lixo, xa que esta xa dota as/os traballadores de lentes, botas, traxes de bucio e luvas.
Este repartimento vén precedido da achega de material de protección ás traballadoras e traballadores do servizo de axuda a domicilio (SAD), e das pantallas protectoras que confeccionou Protección Civil e tamén a empresa pública de augas Edar de Bens e que están empregando membros de todos os corpos de seguridade na cidade. Ademais, as/os profesionais do taxi, persoal de Benestar Social e do Dispositivo especial de voluntariado tamén recibiron unha pequena partida días atrás.
O Goberno local agardar distribuír unha nova partida na vindeira semana, a pesar da dificultade de facerse con este equipos básicos, co fin de seguir dotando tanto os nosos profesionais como os das empresas concesionarias de servizos esenciais deste material tan difícil de conseguir debido á situación de desabastecemento xeral. É por iso que o concello quere seguir abastecendo o persoal, sempre priorizando a aquelas persoas que traballan no ámbito sanitario e nos servizos sociais.
14 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible