Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de octubre de 2020

O concello responde á demanda veciñal de Monte Alto e aumenta a seguridade e accesibilidade peonil no barrio

A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron esta tarde as obras de ampliación de beirarrúas e mellora da mobilidade na contorna do CEIP Víctor López Seaone

A alcaldesa, Inés Rey; o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada; e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, visitaron esta tarde Monte Alto, logo de que o concello rematase as obras na rúa Vía Ártabra, en que se ampliaron e pavimentaron de formigón as beirarrúas e se construíu unha plataforma única. Deste xeito, o Goberno local responde a unha demanda do barrio e, máis en concreto, da nena Natalia Rouco, que lle escribiu en febreiro unha carta á rexedora pédindolle que o Goberno local tomase medidas para aumentar a seguridade das persoas viandantes na zona. Deste xeito, tiveron en conta as súas achegas e melloraron os pasos peonís na rolda de Monte Alto e os accesos ao CEIP Víctor López Seoane.

A pequena, que representou ao seu colexio para lles trasladar os problemas de mobilidade, fixo de guía no pasado inverno polas vías máis conflitivas e volveu hoxe a pasear para lles agradecer as melloras á alcaldesa e mais aos edís. Naquela visita, Rouco queixouse á corporación municipal do perigo que supoñía que os vehículos circulasen tan rápido na zona e reclamoulle unha solución para as escaleiras que conectan a Rolda de Monte Alto con Vía Ártabra. Neste punto, Mobilidade está estudando un proxecto que xa estaba redactado para instalar un elevador.

O goberno de Inés Rey cumpriu así o seu compromiso coas veciñas e veciños que, como Natalia, transitan a diario por vías como a Rolda de Monte Alto, en que se reduciu a velocidade dos vehículos cunha banda rugosa. Ademais, barallan a opción de habilitar un semáforo con pulsador no cruzamento onde está localizada a escola infantil.

14 resultados

ver más

Busca en nuestra hemeroteca de AG ...

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión