Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2021

O Concello segue a plantar a semente da cultura emprendedora entre o alumnado da cidade

O edil de Educación entregoulles hoxe ás e aos escolares que participaron no programa “Semente” as licenzas para poderen vender os seus produtos nun mercado que se realizará na praza de María Pita.

Nun acto simbólico, o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, entregoulles esta mañá en María Pita ás e aos escolares de tres centros educativos da cidade as licenzas de venda dos produtos que elaboraron no marco do programa "Semente: unha empresa na miña escola". Con este proxecto, o Goberno de Inés Rey busca fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado de educación primaria e de educación especial da cidade. Rematará o vindeiro 28 de maio coa realización dun mercado na praza de María Pita, onde se lle entregarán os premios ao centro máis implicado e ás dúas mellores cooperativas de entre as sete participantes: Vida Verde, Futuro Renovado, O Bosque da Reciclaxe, Bágoa Natural, Black&White 1900, Chukis Check e Ubunto Espacial.

O concelleiro sinalou que a situación provocada pola COVID 19 fixo que a participación fose menor este ano, con tan só 3 centros rexistrados e 7 cooperativas (CEIP San Francisco Javier, CEIP San Pedro de Visma e CEIP Sagrado Corazón-Franciscanas).

Celemín resaltou a implicación dos equipos docentes e o apoio das familias nun programa cunha longa traxectoria, e agradeceulles ás alumnas e alumnos que participasen con diferentes proxectos pero cun mesmo denominador común: mellorar a nosa contorna e facer un mundo máis solidario e sustentable. Durante a entrega das licenzas, as nenas e nenos explicaron o traballo da súa cooperativa e súa intención de doar parta da recadación da venda a distintas ONG. O concelleiro tamén quixo resaltar a implicación do persoal docente e o apoio das familias a un programa cunha longa traxectoria.

Durante o curso, o alumnado de 3.º e 6.º de primaria adquiriu diferentes competencias emprendedoras a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos que posteriormente venderán no mercado. O programa reproduce situacións reais do proceso de constitución dunha empresa e as súas actividades. A cooperativa, explicou o concelleiro, permite ademais transmitirlle ao alumnado valores como o traballo en equipo, a solidariedade e a toma de decisións de maneira conxunta.

Impartíronse dous módulos de cooperativismo en que se aprenden valores do cooperativismo e de xestión da empresa (constitución, investimento, prezos e publicidade) e catro módulos de elaboración de produtos.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión