Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
20 de novembro de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, agradeceulle esta mañá ao presidente da institución, Eduardo Aceña, a cesión do inmoble que adaptarán ao servizo a través dunha actuación cofinanciada cos fondos Eidus con 523.00 euros
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que o Concello adecuará a antiga sede da Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos para albergar alí o centro de baixa esixencia grazas á súa cesión por parte da entidade. O Goberno local adaptará parte das infraestruturas da avenida de Labañou ás necesidades do servizo a través dunha actuación valorada en preto de 523.000 euros, e que se enmarca dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
Trátase dun bloque de catro plantas que se reformará por fases para lle dar este tipo de usos sociais "tan necesarios e que temos a obriga de ofrecermos para protexer a cidadanía". Rey agradeceulle ao presidente de Padre Rubinos, Eduardo Aceña, a súa disposición inmediata xa que respondeu en poucos días á proposta do concello.
Deste xeito, poderanse axilizar as obras para lle ofrecer á veciñanza que o precise un "servizo esencial de Benestar Social en condicións seguras" xa que o anterior centro Abeiro non cumpría a normativa nin contaba cos permisos necesarios.
A rexedora recordou que incluso foi multado pola Xunta en 2017 e que por este motivo, desde María Pita empezaron a traballar na busca doutra localización en que se garantise a seguridade do persoal traballador e das e dos usuarios. Rey insistiu en que Abeiro se pechou porque "se ocorrese algo alí dentro, ningún seguro se faría cargo".
Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
64 resultados
O 16 de xan de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local “ten unha clara aposta por crear espazos públicos de calidade en que as cidadás e os cidadáns sexan os verdadeiros protagonistas”
O 14 de xan de 2021
Varias unidades policiais e de Bombeiros, así como a xefa de Urbanismo e o técnico municipal de Ruínas, desprazáronse á zona para deixaren constancia do acontecido e prestaren toda a colaboración necesaria para salvagardar a seguridade da veciñanza
O 14 de xan de 2021
O concelleiro Juan Díaz Villoslada adiantou novidades en materia de mobilidade, como a operatividade da app para as persoas usuarias da Tarxeta Millennium neste semestre do ano, a implantación dun carril 30 na rolda de Outeiro e o estudo técnico de cara a lle reservar unha plataforma en Juan Flórez ao tranporte público
O 13 de xan de 2021
A Concellería de Mobilidade elimina o xiro que conecta San Andrés con Rúa Alta para garantir a seguridade das persoas viandantes e axilizar o tráfico
O 12 de xan de 2021
A Xunta de Goberno Local deulle luz verde na sesión de hoxe ao estudo de detalle para construír unha residencia de maiores promovida pola Xunta e financiada pola Fundación Amancio Ortega
O 12 de xan de 2021
O afundimento da calzada produciuse pola rotura dunha tubaxe e “xa se está actuando sobre esta incidencia para a solucionar canto antes e cos mínimos impedimentos posibles sobre o tráfico”
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible