Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2021

O Concello trasládalle ao comité de empresa de Repsol o seu apoio incondicional tras o anuncio do ERTE

A alcaldesa, Inés Rey, agarda que a Refinaría levante o expediente regulador dado o ritmo actual de vacinación e o restablecemento da mobilidade entre comunidades

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou esta mañá estar en permanente contacto con Repsol e co seu comité de empresa, co que se reuniu hoxe xunto ao voceiro municipal, José Manuel Lage, co fin de lles amosaren ás traballadoras e traballadores o seu apoio incondicional tras o anuncio dun ERTE de cinco meses. A rexedora facilitoulles ás persoas representantes un espazo de encontro coa firma en que defenderen a viabilidade da Refinaría pola importancia que ten na cidade a nivel económico e social. Por todo o que isto implica, Rey conta con que a compañía cumpra co seu compromiso no mantemento de postos de traballo.

Rey incidiu na necesidade de que a compañía invista para garantir a súa viabilidade dentro dun proceso de transición enerxética a modelos "máis eficaces e sustentables". Agarda polo tanto que levanten o ERTE, unha vez que as causas esgrimidas por Repsol se solucionen.

A rexedora espera a pronta recuperación da Refinaría e que actúe o antes posible dado o ritmo actual de vacinación na cidade e o restablecemento da mobilidade entre comunidades. Ademais, anunciou que se levará a pleno unha moción dos sindicatos da empresa co fin de reafirmar o compromiso municipal co seu persoal traballador.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión