Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
5 de novembro de 2020
A Concellería de Medio Ambiente instalará mañá aseos en diferentes puntos da cidade para uso exclusivo do persoal traballador dos servizos esenciais ao decretarse de novo o estado de alarma
A Concellería de Medio Ambiente instalará mañá aseos en diferentes puntos da cidade para uso exclusivo das traballadoras e traballadores dos servizos esenciais. Tómase esta decisión despois de que o Estado decretase, de novo, o estado de alarma, e de que A Xunta impuxese unhas restricións, como o peche da hostalaría, que lles impide, entre outras, acceder aos aseos destes negocios a estas e estes traballadores.
A nova situación xurídica permítelle á Administración contratar de urxencia este servizo, do mesmo xeito que se fixo na primeira fase da pandemia, xa que no contrato de mantemento ordinario non está recollida esta instalación, así como o aumento dos aseos públicos.
A disposición dos novos aseos estará publicada mañá na web de Medio Ambiente e seralles comunicada ás empresas e mais ao persoal dos servizos municipais.
Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, esta nova situación impídelles acceder aos aseos en moitos puntos da cidade a estas/es traballadoras/es, polo que "O concello entende como prioritario dotar destes aseos o persoal das empresas concesionarias de servizos esenciais que teñen que desempeñar o seu labor".
Igualdade, Benestar social e Participación
39 resultados
O 21 de xan de 2021
As clases, que se impartirán desde o 25 de xaneiro até o 14 de maio, “son totalmente gratuítas e para toda a cidadanía, para salvagardar a seguridade das e dos veciños. Agardaremos a evolución da situación epidemiolóxica antes de decidir se abrimos unha modalidade presencial”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira
O 14 de xan de 2021
Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.
O 13 de xan de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, apuntou á “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade”
O 9 de xan de 2021
A iniciativa será levada na súa categoría de ouro á Comisión de Honras e Distincións que terá lugar este luns
O 7 de xan de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, asegurou que “o hostal que lles ofrecemos desde o inicio da pandemia ás persoas que viven na rúa está completo” e “coas baixas temperaturas que estamos sufrindo estes días vemos moi necesario activar un dispositivo de frío para hospedalas”
O 29 de dec de 2020
A Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible