Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2021

O Concello xestionará, xunto coas entidades deportivas da cidade, a base náutica de Oza

A Xunta de Goberno Local deulle luz verde na sesión de hoxe ao estudo de detalle para construír unha residencia de maiores promovida pola Xunta e financiada pola Fundación Amancio Ortega

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as condicións da concesión que permitirá construír unha base náutica nas antigas instalacións de Varadeiros Valiña, en Oza, logo de que Demarcación de Costas lle autorizase ao Concello o uso público destes terreos por dez anos, prorrogables a 50 anos como máximo. Serán preto de 7.600 metros cadrados, que se utilizarán para lles dar cabida ás distintas especialidades náuticas da cidade. O concello xestionará as instalacións, sempre en colaboración coas entidades deportivas.

Doutra banda, tal e como anunciou onte a alcaldesa, Inés Rey, no seu encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, autorizouse de xeito inicial o estudo detalle para construír unha residencia para maiores en Eirís promovida pola Consellería de Política Territorial e financiada pola Fundación Amancio Ortega, que servirá para dispor de 150 novas prazas na cidade. "A futura instalación, que ocupará o soar onde estaba situada a gardería Virxe do Carmen, súmase ao resto das infraestruturas do proxecto sociosanitario que temos para a cidade no que o CHUAC é a pedra angular, e cuxo o convenio asinaremos neste mes", sinalou a alcaldesa.

Ademais, concedéuselle a Repsol a licenza para implantar melloras enerxéticas na unidade de cru do complexo industrial de Nostián. O prazo para iniciar as obras será de seis meses, e para executalas de 9 meses, a partir do día seguinte á notificación da licenza.

Por último, aprobouse a renuncia para adxudicar o contrato de organización e xestión do programa das bolsas para estudar primeiro de bacharelato en Estados Unidos durante os cursos 2021/2022, 2022/2023 e 2023/2024. A evolución da pandemia obriga a cancelar esta iniciativa, de xeito temporal,  xa que non é posible asegurar que o programa se poida levar a cabo coas garantías necesarias.

A decisión de non adxudicar este contrato non implica a imposibilidade de volver licitalo cando a evolución da crise sanitaria recupere valores estables ou consiga controlarse a enfermidade nos próximos meses a través das campañas de vacinación postas en marcha de forma internacional.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión