Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2021

O Día do Deporte na rúa trasladarase aos barrios da cidade

O Concello crea o programa “Coruña Mar” con cursos de aprendizaxe de pádel surf, windsurf, remo, piragüismo, vela lixeira e vela adaptada, entre outras actividades relacionadas co mar. “Coruña en forma” converterá de novo á cidade no verán nun grande escenario ao aire libre para practicar distintas disciplinas deportivas .

Ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19, o Concello aposta este ano pola descentralización do habitual Día do Deporte na rúa para levalo a varios barrios da cidade, sempre baixo a filosofía do deporte para todas e todos. A alcaldesa, Inés Rey, sinala que o Goberno local aposta pola cultura do deporte: "A nosa intención é que todos os barrios dispoñan de espazos adecuados para practicalo".

A  xornada festiva será o 27 de xuño de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e a participación é de balde. Para a súa realización, a Concellería de Deportes propón distintas zonas, espazos e instalacións como a explanada do Pazo dos Deportes de Riazor, Cidade Deportiva de Riazor, a praia de Riazor, as salas de esgrima e de halterofilia na Casa da Auga, os Xardíns de Méndez Núñez, o parque de Vioño, a praza de Tabacos, a Cidade deportiva A Torre-Arsenio Iglesias e o frontón, Santo Amaro e a base náutica de Oza.

CORUÑA NO MAR

A gran novidade deste ano será a realización de xullo a setembro de distintos cursos de aprendizaxe, de iniciación, de actividades deportivas relacionadas co mar. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que "non podemos agardar de forma pasiva a que a veciñanza se achegue aos deportes náuticos. O noso mar, o noso pavillón azul, é unha instalación natural única. Trátase de facer deporte, coñecer o mar, respectalo e valoralo como fonte de riqueza, de pracer, diversión e lecer".

O programa, "Coruña no mar" diríxese ao conxunto da cidadanía. As actividades distribuiranse en dous bloques: cursos semanais intensivos (de luns a venres) e actividades quincenais de fin de semana. Entre as actividades propostas nun primeiro momento figuran o surf, o pádel surf, o windsurf, o remo, o piragüismo, a vela lixeira, a vela adaptada, o kayak de mar, a natación en augas abertas, o mergullo e a pesca deportiva.

CORUÑA EN FORMA

Doutra banda, a Concellería de Deportes pon en marcha un ano máis o programa Coruña en Forma para dinamizar durante os meses de verán espazos non convencionais para practicar o deporte e a actividade física: paseo marítimo, rúas, prazas, parques. A proposta de actividades vai encamiñada a fomentar a práctica do exercicio físico entre toda a cidadanía coruñesa, pero especialmente para a poboación máis sedentaria, como pode ser a terceira idade. A Coruña converterase así nos meses de xullo a setembro, os meses de inactividade nas tradicionais Escolas Deportivas Municipais, nunha grande instalación deportiva ao aire libre. Haberá actividade física nas praias de Riazor e Oza, no parque Europa, no parque de Vioño, no miradoiro da praia de Matadoiro, no Barrio das Flores, e tamén nos xardíns da Mestranza e na praza dos Avós.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión