Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de outubro de 2020

O Goberno local adxudicará a recollida e transporte de residuos urbanos por máis de 11,5 millóns de euros

Na Xunta de Goberno local que terá lugar mañá tamén se lle dará luz verde ao convenio de colaboración co Club Basquet Coruña, cunha subvención nominativa de 90.000 euros, para o fomento das actividades deportivas de baloncesto

A Xunta de Goberno Local de mañá adxudicará a Cespa o lote 2 -correspondente á recollida e transporte de residuos urbanos- do servizo de conterización, recollida e transporte de residuos urbanos da Coruña, por valor de 11.594.877 euros anuais e cunha duración de contrato de 8 anos improrrogables. A adxudicataria asumirá como melloras no contrato o desenvolvemento dunha mellor recollida de residuos procedentes da poda e tamén a optimización do servizo de compostaxe individual e comunitario, así como a posta en marcha dun proxecto piloto para a implantación dun modelo de recollida selectiva de materia orgánica de acceso voluntario e restrinxido. Ademais, aprobarase a cesión a Cespa, de dous vehículos para reforzar o servizo de recollida de residuos urbanos municipais, cun canon de 1.620 euros por un ano.

O Executivo local adxudicará o proxecto de rehabilitación integral do Mercado municipal de Durmideiras, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a ABECONSA SLU, por valor de 1.507.240,72 €, e cun prazo de execución de 28 semanas. A renovación completa das instalacións estará finalizada, polo tanto, no primeiro semestre do ano próximo.

Por outra banda, o Goberno local autorizará o convenio de colaboración co Club Basquet Coruña SAD, unha das insignias deportivas da cidade, para o fomento das actividades deportivas de baloncesto até o 31 de decembro deste ano, así como a subvención nominativa por importe de 90.000 euros. O Executivo municipal tamén aprobará mañá a subscrición do convenio regulador da subvención nominativa concedida á Asociación Renacer da Coruña, co obxectivo de financiar a realización dun programa de atención a persoas maiores en situación de soidade, e por un importe de 75.000 euros.

Ademais, autorizarase a subscrición do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña, cunha achega municipal de 120.000 euros, para a realización de investimentos de mellora e reposición de infraestruturas viarias no campus universitario da cidade.

Por outra banda, o Goberno local outorgará a Repsol Petróleo SA a licenza para modificar as instalacións da refinería que radican no número 42 da estrada de Nostián, para executar o proxecto G50 para descarga de crú no porto de Punta Langosteira, cun orzamento de 3.071.000 euros. O prazo para iniciar estas obras deberá ser de 6 meses, e 18 meses para a súa execución.

A xunta de mañá tamén adxudicará o lote 1, iluminación ornamental do Nadal, a Iluminaciones Ximenez SA, por un importe de 1.408.995 euros, 469.665 € por ano, fronte aos 335.000 euros de inversión en 2019. O prazo de duración deste servizo será de tres anos, coa posibilidade de prorrogarse por períodos máximos dun ato até dous anos máis. O lote 2, iluminación ornamental do Entroido, declararase deserto do procedemento aberto para a contratación deste servizo, ao non haber ningún licitador presentado.

O Goberno local dará luz verde á aprobación inicial do estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes nas parcelas localizadas no cruzamento das rúas Marqués de Pontejos e San Nicolás, para poder dar licenza ao edificio municipal que o Concello quere destiñar a vivendas sociais. Tamén se porá en coñecemento a desestimación da solicitude da prórroga para a implantación dun uso provisional de aparcadoiro público na avenida da Pasaxe número 40, fronte ao Hospital Teresa Herrera.

Canto a novas licenzas urbanísticas, o Goberno local autorizará as obras para construír un edificio de 111 vivendas, trasteiros e garaxes na parcela 2 do quinteiro norte do Plan Parcial do Sector 6, no Parque de Eirís, na rúa Dabán. Terá un orzamento de execución de 9.310.000 euros.

Por último, a Xunta de Goberno Local aprobará o proxecto de modificación de crédito do orzamento do IMCE de 2020, consistente nun suplemento de crédito de 45.000 euros, e que se levará ao Pleno municipal.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión