20 de febreiro de 2020
A alcaldesa recibiu esta tarde en María Pita a unha delegación de Organizadores Profesionais de Congresos, OPC, que celebran mañá un encontro en Santiago de Compostela
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde no salón de plenos de María Pita a unha delegación de Organizadores Profesionais de Congresos, OPC, encabezada pola presidenta de OPC España, Matilde Almadoz, e de OPC Galicia, Ana Trevisani, que desde mañá ata o sábado participarán en Santiago de Compostela no 32 Congreso Nacional de OPC que reunirá a preto de 250 representantes das principais empresas organizadoras de Congresos de España.
A rexedora agradeceu aos representantes de OPC a "súa parada na Coruña" porque "a nosa aposta é reforzar a oferta congresista da cidade". "Cremos que A Coruña é unha boa opción para concentrar eventos de calquera sector polas comodidades que ofrece en canto a tamaño e a servizos", explicou.
Rey lembrou que a cidade acolleu o ano pasado 87 congresos nos que participaron un total de 45.510 persoas e destacou o traballo que realiza o Consorcio de Turismo para que a candidatura da Coruña "convenza en todos os aspectos". Desde o sector da hostalería, sempre á vangarda, pero sen deixar de lado a tradición, á oferta museística e de lecer. Todo, apuntou a alcaldesa, sen esquecernos da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, do noso paseo marítimo e das nosas praias.
A alcaldesa sinalou a axenda cultural da cidade como outro dos seus atractivos. O Festival Noroeste Estrella Galicia, o festival FKM de cinema fantástico, a Semana do Cómic e unha cidade que dispón de infraestruturas que se adaptan a todo tipo de eventos. Unha cidade, dixo, aberta que fai sentir á persoa que a visita como na súa propia casa.
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible