Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xuño de 2020

O Goberno local aproba a construción do ascensor dos Castros e as obras do campo de fútbol de Eirís

O concello pode continuar co procedemento de contratación do servizo de limpeza viaria adxudicado á UTE FCC Medio Ambiente- SAU Ingreser Atlántica. A Xunta de Goberno Local deulle luz verde á modificación das bases das bolsas comedor e as bases de adxudicación das prazas das escolas infantís municipais.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto  de mellora da accesibilidade no Barrio dos Castros que inclúe a construción dun ascensor. O proxecto levouse á Xunta de Goberno tras varios meses de consultas coas asociacións veciñais. Un equipo da concellería de Urbanismo mantivo varias reunións coas asociacións dos Castros, do Castrillón e a Federación de Veciños que cualificaron de "moi positivo" o proxecto que puxo en marcha o anterior executivo, pero que aínda non se presentará á veciñanza.

O orzamento ascende a 486.709,80 euros. O obxectivo é mellorar a accesibilidade na confluencia da rúa Vila de Padrón e a rúa Ortigueira coa Avenida da Pasaxe e para iso instalarase un ascensor que  permitirá salvar a elevada pendente existente na avenida da Concordia. Este ascensor desembarcará nunha ampla marquesiña que utilizará como parada tanto de buses urbanos como interurbanos. O acceso ao ascensor realizarase a través dunha pasarela elevada á que se chega subindo uns chanzos desde a rúa Ortigueira ou a través dunha rampla de acceso desde a rúa Villa de Padrón, de case 11 m de lonxitude. O ascensor terá capacidade para 12 persoas. O plan conta con informes favorables do Departamento de Patrimonio Urbanístico e do Departamento do Sistema de Información Territorial.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local deulle luz ver á formalización do contrato do servizo de limpeza viaria coa UTE FCC Medio Ambiente- SAU Ingreser Atlántica por un importe de 14 millóns de euros. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública,  TACGal, desestimou o recurso interposto pola UTE formada por  Valoriza Servizos Ambientais e Arias Infraestructuras contra o acordo de adxudicación. O concello poderá agora contratar o servizo de limpeza ao levantarse a suspensión do procedemento. O servizo de limpeza viaria foi adxudicado en febreiro deste ano a  FCC-Ingreser por un importe de 14.383.287, 75 euros e un prazo de duración de oito anos improrrogable. En maio, Valoriza Servizos e Arias Infraestruturas presentou un recurso contra a adxudicación, o que provocou un atraso na posta en marcha dun servizo esencial para a cidade.

A Xunta de Goberno Local autorizou a modificación das bases das bolsas comedor. Nesta convocatoria, a solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso a/o alumna/o que efectivamente use o comedor escolar. E por primeira vez a bolsa comedor abarca os períodos non lectivos de Nadal 2020 e verán do 2021. O prazo de solicitude ampliouse ata o 30 de xuño. Tamén se aprobaron as bases de adxudicación das prazas das escolas infantís municipais e o manual da imaxe corporativa do Concello da Coruña.

Ademais, autorizouse a contratación das obras do campo de fútbol de herba artificial de Eirís por un importe de 1.223.915,00 euros e un prazo de execución de 8 meses. O proxecto, que recolle a construción de vestiarios para todas as persoas usuarias do campo e o peche, responde a unha vella demanda dos clubs de fútbol da cidade.

O edificio contará con 4 vestiarios para xogadores, 2 vestiarios para árbitros, 1 local para persoal de vixilancia, 2 locais de servicios públicos (feminino y masculino), un  almacén, unha oficina e un pequeno almacén que conectará coa oficina do Club Eirís.

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, sinalou que a licitación das obras do campo de fútbol supón o desbloqueo dunha infraestrutura moi necesaria  tanto para cidade como para o barrio. "A rapazada de Eirís que xoga o quere xogar ao fútbol se queixaban con razón de que tiñan que coller dous buses para poder facelo".

Tamén se aprobou o expediente de expropiación forzosa de dúas parcelas na rúa Antonio Insua Rivas para a obtención de solo destinado ao sistema local viario que servirá para reforzar o núcleo de San Vicente de Elviña.

E, por último, o concello sacará unha convocatoria pública de concorrencia competitiva para que os deportistas individuais podan solicitar becas. A Xunta de Goberno Local aprobou destinar 60.000 euros ás bolsas.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión