Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de abril de 2021

O Goberno local aproba o Plan Anual de Contratación, a folla da ruta do investimento municipal, con 250 millóns en licitacións previstas

José Manuel Lage Tuñas: “A contratación pública é un instrumento esencial para a dinamización económica da cidade e para a consecución de servizos públicos de calidade”. A previsión municipal para o 2021 chega ao 320 contratos. O Servizo de Contratación tramita desde xaneiro 77 dos procedementos previstos para este ano, por un valor total de 68 millóns de euros.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, aprobou hoxe o segundo Plan Anual de Contratación posto en marcha en María Pita. O documento supón unha folla de ruta para a aplicación das políticas sociais, económicas e culturais deseñadas polo Executivo de Inés Rey, xa que recolle os principais investimentos previstos na cidade para o 2021 en todas as áreas.

A aprobación e publicación do Plan Anual de Contratación supón tamén, explicou Lage Tuñas, unha mellora na transparencia da xestión, xa que facilita ás empresas coñecer con marxe suficiente os proxectos que sairán a concurso, e permite aos cidadáns saber cales son as previsións do Goberno municipal en cada área.

O Plan de Contratación recolle investimentos por valor de 248.969.236 euros repartidos en 320 contratos. A práctica totalidade dos contratos (247,7 millóns de euros) sairá a concurso por procedementos de concorrencia aberta. As áreas con maior previsión de investimento son as de Infraestruturas, Mobilidade e Urbanismo, con 110 millóns de euros, seguidas por Medio Ambiente, Benestar Social e Cultura.

"O Plan non é un documento pechado, mais aporta claridade e transparencia no labor de Goberno e amosa claramente a aposta da nosa alcaldesa, Inés Rey, polo investimento público", indicou Lage Tuñas, quen define o plan de contratación "coma unha guía na que o Goberno amosa as súas previsións", previsións que deberán adaptarse ás necesidades de cada momento, como de feito aconteceu durante o 2020 coa incidencia da Covid-19.

A pesares da pandemia e da suspensión de prazos administrativos durante case tres meses, o Concello tramitou contratos por valor de 168 millóns de euros no 2020, procedementos que supuxeron a adxudicación de máis de 106 millóns de euros correspondentes a 131 concursos, aos que hai que sumar outros preto de 60 cuxa tramitación comezou o ano pasado e culmina nestes primeiros meses do 2021.

No plan do 2020 recollíase a licitación do servizo de tratamento de residuos en Nostián, cunha previsión de investimento de máis de 300 millóns de euros durante todo o prazo de concesión. Os cambios normativos xurdidos desde a data de finalización dos pregos obriga a adaptalos á nova normativa galega de residuos. Polo dito motivo, no 2021 se recolle unha partida específica para poder levar a cabo os traballos previos á súa licitación.

O documento aprobado hoxe non inclúe todos os investimentos municipais. Os contratos menores, as concesións de dominio público ou as contratacións de emerxencia non figuran no plan. No 2020, á causa da pandemia, o Goberno de Inés Rey destinou 13,2 millóns de euros ao PRESCO, investimento non previsto e que tampouco figuraba na folla de ruta de contratación.

A ordenación da contratación levada a cabo polo Executivo de Inés Rey permitiu tamén a agrupación de contratos de servizos unificando criterios e poñendo fin a centos de situacións irregulares, ben por tratarse de servizos con contratos vencidos, ben porque estes se estaban a prestar sen a necesaria homoxeneidade de condicións laborais e económicas, malia corresponder a idénticos servizos.

INVESTIMENTO PREVISTO POR ÁREAS

ÁREA

Nº CONTRATOS

VALOR TOTAL

Cultura

47

20.577.864 €

Deportes

22

13.126.239 €

Economía, Facenda e Réxime Interior

39

11.662.991 €

Educación e Memoria Histórica

10

14.568.632 €

Infraestruturas, Mobilidade e Urbanismo

87

110.436.809 €

Innovación, Emprego e Comercio

21

8.855.702 €

Igualdade, Benestar Social e Participación

35

28.136.382 €

Medio Ambiente

20

36.804.341 €

Outros

39

4.800.266 €

TOTAL

320

248.969.236 €

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión