12 de febreiro de 2020
Inés Rey asegurou que a reunión coa Administración autonómica foi positiva e anunciou que continuarán as reunións nas vindeiras semanas
A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no que foi un encontro de carácter político e técnico para avanzaren no proxecto de ampliación do CHUAC. A xuntanza tamén contou coa presenza da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o concelleiro de Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, e o persoal técnico de ambas as administracións.
O Concello formuloulle á Xunta a posibilidade de que estude modificar a disposición do hospital co obxectivo de reducir o impacto sobre as vivendas afectadas en Eirís. A alternativa que o Goberno local lle propuxo ao autonómico suxire desprazar os ambitos de crecemento do hospital cara o norte, sen variar o volume de novos espazos programados, e reordenar as superficies públicas libres de construcións de cara a minimizar as expropiacións de carácter residencial que se prevén necesarias.
Inés Rey aclarou que polo de agora esta proposta municipal non está cerrada, senón que é unha idea para que a Xunta a analice e vexa se é posible minimizar o impacto sobre as vivendas afectadas e sobre os viarios.
Rey explicou que o proxecto se encontra nun estado "case embrionario" e que "a partir de aí ambas as administracións empezaremos a traballar da man e coordinadamente para que exista un único proxecto.
"Nas vindeiras semanas comezaremos a estudar o borrador do convenio que recollerá as obrigas tanto da Administración local como da Administración autonómica con respecto á construción e ás comunicacións e infraestruturas necesarias para dotar de accesos esa nova edificación. E traballar tamén xa nunha mesa máis técnica coas propostas máis técnicas que se vaian facendo desde a consellería e desde o concello de cara á ordenación dos viarios e a construción desas novas comunicacións", sinalou a alcaldesa.
Así mesmo, a rexedora indicou que "estamos no período de analizar posibles solucións e minimizar os impactos, co fin de poder dicir con máis detalle cantas vivendas estarán afectadas, pero o obxectivo tanto da Administración autonómica como da local é que esa afectación sexa mínima. Evidentemente haberá expropiacións porque pola propia localización do hospital faise necesario, pero que trataremos de que sexan de mínimo impacto, as mínimas posibles".
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible