Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2020

O Goberno local creará unha oficina económica de asesoramento para as persoas autónomas e as pequenas empresas da cidade

O executivo de Inés Rey dedicará máis do 50% do Plan de Reactivación Económica (PRESCO) a axudas directas a persoas autónomas e a micropemes O concelleiro de Economía, José Manuel Lage, explica que “as axudas directas cubrirán cotas da seguridade social, autónomos, alugueiros de locais e xuros por obtención de créditos”

O vindeiro luns celebrarase un pleno extraordinario que permitirá aprobar o Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO), que o Goberno local negociou con todos os grupos políticos da Corporación ao longo das últimas semanas. O Concelleiro de Economía, José Manuel Lage, adianta a intención do Goberno local de crear "unha oficina económica de asesoramento para persoas autónomas e pequenas empresas na tramitación de axudas, tanto locais como doutras administracións". A creación da oficina, unha das moitas medidas incluídas no Plan de Reactivación, é para o Goberno local  "imprescindible porque as empresas e as persoas autónomas tamén precisan de información e de axuda especializada".

O executivo que dirixe Inés Rey dedicará máis do 50% do Plan de Reactivación Económica (PRESCO) a axudas directas a persoas autónomas e a micropemes. Lage explica que "aprobaremos unha liña de axudas directas dirixida ao mantemento da actividade económica de autónomas/os e pequenas empresas, co obxecto de contribuírmos a mitigar os efectos da crise".

As axudas directas cubrirán costes básicos da actividade económica como son as cotas da seguridade social e de autónomas/os, no período comprendido entre xullo e decembro. Tamén poderán incluirse alugueiros de locais comerciais ou de servizos, así como os xuros. As axudas oscilarán entre os 1.500 euros e os 2.500 euros, e o Goberno local está estudando a posibilidade de poder facer anticipos das axudas, con control legal e garantías sobre os fondos que se concedan, xa que son fondos públicos e debe extremarse o coidado na asignación de recursos a terceiros.

Ao longo do mes de xuño, o Goberno local elaborará as bases da convocatoria que incluirán as medidas económicas contempladas no Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO).

O Goberno Local tamén subvencionará o pago de xuros das operacións de crédito concertadas para a obtención de liquidez, complementarias dos créditos ICO. A contía da subvención será o 75% do aboado en concepto de xuros, cun límite de 600 euros por persoa beneficiaria. Lage defende "o diálogo e a negociación política" como unha ferramenta de primeira magnitude "que fixo posible un acordo unánime e que será positivo para a economía da nosa cidade", pero tamén recorda que "as medidas e axudas que imos implantar suporán un esforzo económico extraordinario para o Concello da Coruña, dado que asumiremos novamente competencias que son propias doutras administracións".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión