Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de marzo de 2021

O Goberno local leva a pleno a aprobación do estudo de detalle que permitirá desbloquear o proxecto de Marqués de Pontejos

Para axustar os volumes ao planeamento actual, o Concello tivo que executar este documento que non contemplou a executiva anterior e que foi o causante do atraso nos prazos

O Goberno local levará ao próximo pleno a aprobación do estudo de detalle dos soares e inmoble sitos no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos 15 coa rúa San Nicolás 26, e que darán cabida a cinco vivendas sociais en réxime de alugueiro. A executiva anterior, que encargou o proxecto, non incluiu esta documentación imprescindible para obter a licenza de obra ao non se axustaren os volumes ao PEPRI (Plan especial de protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixería). Deste modo, Urbanismo modificou a aliñación existente mediante este estudo de detalle para axeitala ao proxecto presentado e isto demorou os prazos para unha reforma, que confirma o compromiso do Goberno de Inés Rey por facilitar o acceso á vivenda. En concreto, o plan contempla un edificio de baixo e catro plantas cara á rúa Marqués de Pontejos e un segundo de baixo, tres plantas e mais un ático no fronte á rúa San Nicolás.

Ademais, a rehabilitación suporá a mellora substancial dunha zona ao harmonizar o trazado medieval do barrio de Pescaría, ao que pertence o edificio de San Nicolás, e abrir Marqués de Pontejos, de principios do século XX, de vocación racionalista, e que serviu para comunicar o mercado de Santo Agostiño coa Estreita de San Andrés.

A proposta centrará todo o seu interese en atopar o concerto arquitectónico, entre a preexistencia que conforman os históricos muros de carga do inmoble de San Nicolás, e a aparición dun novo volume en Pontejos, que dialogará coas edificacións lindeiras da propia rúa.  

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión