Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2020

O Goberno local leva mañá ao Pleno a aprobación dun novo rueiro para o parque Ofimático

A Corporación tamén tratará o novo regulamento das Escolas Infantís Municipais e dous modificativos de crédito.

O Goberno local leva mañá ao Pleno extraordinario a aprobación dun novo rueiro para o parque Ofimático. A proposta, acordada na Comisión de Honra e Distincións realizada hai unhas semanas, inclúe a recuperación do topónimo Xuxán para nomear a vía principal do barrio, co fin de manter viva a memoria do lugar, así como outras propostas para rúas que a Real Academia Galega recolleu nun informe. Longarela, Galán, Agrelo, A Canteira, Campo de Galán e A Viña son os outros nomes propostos e corresponden a microtopónimos anteriores.

O documento recolle que o nome Xuxán é a evolución do documentado como Suján no Catastro da Enseada e como Juján nun auto de 1722 relacionado coa fonte existente no lugar.  Trátase, ademais, dun topónimo único en España.

No seu informe, a RAG aconsella esquecer o nome de Ofimático por carecer de sentido e raizame (cando se proxectou a área en 1990 o seu destino era a localización de empresas vinculadas ás novas tecnoloxías) e aconsella recuperar o topónimo de Xuxán.

Por outra banda, o Pleno tratará de aprobar de maneira definitiva o novo regulamento das Escolas Infantís Municipais, que implantará a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos a partir do vindeiro curso e beneficiará a 830 familias usuarias na Coruña. Así, os nove centros da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)-Agra do Orzán, Arela, A Caracola, Carmen Cervigón, Carricanta, Os Cativos, Luís Seoane, Monte Alto e Os Rosales- comezarán o curso cun novo regulamento que establece o galego como lingua vehicular, fomenta a diversidade e modifica os menús para os facer máis saudables.

Por outra banda, a Corporación debatirá tamén dous expedientes de modificación de créditos, para afrontar diversos gastos, derivados en boa parte dos efectos da pandemia. O primeiro dos modificativos, M3/2020, destina 443.039 euros para financiar os labores de desinfección de espazos públicos a causa da Covid-19, incrementar o contrato de servizos de control sanitario de animais, e para o mantemento do sistema de control da capacidade nas praias.

Tamén achega 78.500 euros (procedentes de convenios coa Fundación María José Jove e coa Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA que renunciaron aos fondos pola imposibilidade de materializaren as actividades previstas) a compensar as empresas concesionarias das Escolas Infantís Municipais polas perdas ocasionadas durante a pandemia da Covid- 19.

O segundo dos modificativos unifica os dous convenios asinados coa Academia Galega do Audiovisual, sen que varíe a cantidade asignada a esta entidade: 104.500 euros.

Innovación, Industria, Emprego e Consumo

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión