29 de xullo de 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou os bonos para incentivar que se merque nos establecementos máis castigados pola crise da Covid-19
A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar dúas novas medidas recollidas no PRESCO, un plan dotado con 13.276.416,20 euros aprobado por unanimidade o pasado 1 de xuño. Trátase de dous bonos para incentivar que se compre tanto ao pequeno comercio local coma na hostalaría, bonos que suman unha achega municipal de 1,3 millóns de euros. "O obxectivo é axudar o tecido económico desta cidade para minimizar no posible as consecuencias da pandemia", indica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.
Campaña de incentivos ao comercio coruñés de proximidade (Bono 10): a través dun convenio coa FUCC (Federación Unión de Comercios Coruñesa) por valor de 850.000 euros, porase en marcha unha campaña de bonos para utilizar nas entidades adheridas. O importe de cada bono é de 10 € por compras superiores a 30 €, conforme o que establece o convenio.
Campaña de incentivos á hostalaría coruñesa de proximidade (Bono 5): a través dun convenio coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña por valor de 450.000 euros, botarase a andar unha liña de axuda mediante a execución dunha campaña de bonos para utilizar no establecementos de hostalaría e restauración adheridos á campaña. O importe de cada un é de 5 €, que se obterán a través dunha páxina web e cambiaranse mediante unha aplicación móbil específica subministrada polo Concello da Coruña por compras, consumicións ou gastos superiores a 20 €.
Nos vindeiros días asinaranse os convenios coa FUCC e coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría para iniciar as novas medidas de axudas, que se sumarán ao recentemente aprobado Bono Cultura, incentivo co mesmo fin que os dous agora aprobados pero destinado á industria cultural da cidade con axudas, no seu caso, de até o 40 % do valor da compra, cun máximo de 60 euros por persoa.
Ademais dos programas de bonos, o PRESCO ten xa funcionando axudas por valor de 6.235.000 euros para persoas autónomas e micropemes, que poden solicitar até 6.200 euros para pagaren alugueiros, abono de cotas á Seguridade Social e autónomos e investimentos en medidas de seguridade e modernización tecnolóxica.
O PRESCO recolle tamén un investimento de 2,4 millóns de euros para reforzar programas de emerxencia social, ampliar os medios destinados á conciliación e implantar axudas para o alugamento de vivenda. "O PRESCO é unha ferramenta deseñada para axudar a impedir que unha crise sanitaria se converta tamén nunha crise económica, o compromiso do Goberno e Inés Rey é non deixar a ninguén atrás e estamos a cumprir con ese mandato", indicou Lage Tuñas.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible