Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de novembro de 2020

O Goberno local propón ampliar o PRESCO para achegar axudas á totalidade das case 4.000 persoas autónomas e micropemes que as solicitaron

Inés Rey: “O Goberno municipal decidiu tomar medidas de xeito inmediato para axudar a autónomos/as e micropemes a aliviaren unha situación que para moitas/os se está convertendo en insostible” e sinalou que “non hai ningunha administración que puxese en marcha plans económicos de reactivación tan ambiciosos, o Concello está a ir moito máis alá das súas competencias coas axudas do PRESCO”. Ante a evolución da pandemia, o Goberno estuda aportar ao plan de rescate ata dous millóns de euros máis. Cada autónomo e microepeme percibirá unha media 2.000 euros.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá a intención do seu Goberno de ampliar os fondos para gasto corrente recollidos no PRESCO co fin de achegar axudas á totalidade das case 4.000 persoas autónomas e micropemes que as solicitaron. Para iso, a alcaldesa confía en contar co apio de todos os grupos políticos que o pasado 1 de xuño aprobaron o PRESCO de modo unánime. O Goberno local proponlles unha ampliación de entre 1,6 e 2 millóns de euros para axudas directas á totalidade dos 3.827 autónomos/as e micropemes que as solicitaron ata o 15 de setembro.

Segundo explicou a rexedora, a segunda vaga do coronavirus puxo de manifesto que a pronta recuperación da economía despois do confinamento non se está producindo, "ante ese feito, o Goberno municipal decidiu tomar medidas de xeito inmediato para axudar a autónomos/as e micropemes a aliviaren unha situación que para moitas/os se está convertendo en insostible".

O  PRESCO tiña unha partida de 6,2 millóns de euros para ese fin, pero a demanda de axudas foi finalmente superior ao previsto. As axudas desa liña chegan ata os 6.000 euros de máximo por persoa solicitante, sempre que cumpra cosrequisitos. Xa hai un milleiro de solicitudes tramitadas e en proceso de pago. A cantidade media que percibe cada persoa demandante ascende a 2.047 euros.

Cos fondos existentes poderíase chegar a preto de 3.000 persoas solicitantes, pero o Goberno municipal quere chegar a todas e todos, sen deixar a ninguén fóra, por iso propoñerá sumar entre 1,6 e 2 millóns máis para cubrir todas as solicitudes que cumpran os requisitos. Deste xeito, o Concello axudará a pagar as cotas de autónomos e seguridade social de marzo a decembro deste ano e máis os custos dos alugueiros e outros investimentos.

MELLORA DOS BONOS

A alcaldesa lembrou que este non é o primeiro reforzo do PRESCO que se pon en marcha. Precisamente desde hoxe os bonos ofrecen descontos aínda maiores para as e os clientes co fin de axudar a manter a actividade no comercio local. Todos os bonos PRESCO cobren desde hoxe o 50% das compras en cultura, hostalaría e pequeno comercio (ata 60 euros en cultura, 15 euros por cada 30 de compra en comercio e 5 euros por cada 10 en hostalaría). Ademais, tamén se dobra a cantidade máxima a ingresar por cada establecemento para que os que xa chegaron ao tope, poidan seguir empregando os bonos. Así, os negocios vinculados á cultura poderán ingresar ata 10.000 euros do Concello con esta liña de axudas, e ata 6.000 o pequeno comercio e a hostalaría.

Así, entre as axudas directas e os bonos PRESCO un único establecemento do sector cultural podería chegar a percibir ata 16.000 euros e 12.000 euros se é un pequeno comercio ou un local de hostalaría.

A alcaldesa sinalou que non hai ningunha administración que puxese en marcha plans económicos de reactivación tan ambiciosos e que "o Concello está a ir moito máis alá das súas competencias coas axudas do PRESCO".  Neste senso, O Goberno municipal quere mostrar a súa preocupación pola falta de dilixencia da Xunta á hora de habilitar axudas. "O primeiro plan de rescate autonómico presentouse hai só 15 días, cando este Goberno estaba xa pensando no segundo, e aínda non está operativo", dixo.

A día de hoxe, sinalou Rey, ningunha persoa autónoma ou pequeno/a empresario/a coruñés/a percibiu nin un só euro da Xunta, a Administración con recursos e competencias para facer fronte á situación. Pola súa parte, o Concello conta cun PRESCO que, coa ampliación anunciada, chegará aos 15 millóns de euros.

O Goberno municipal mostra a súa preocupación especialmente pola situación da hostalaría afectada polas novas restricións impostas pola Xunta pero sen contar con plans autonómicos para paliar os efectos desas limitacións. "O Goberno entende que hai autónomas/os e pemes que non poden aguantar máis e ás que é obrigado lles ofrecer unha resposta en forma de axudas. O Concello está a facer todo o que pode e necesitamos que a Xunta o faga tamén de modo inmediato", subliñou a alcaldesa.

Noticias de A. G. Comercio, Mercados, Consumo e Barrios​

Comercio, Mercados, Consumo e Barrios​

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión