Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2020

O Goberno local prorrogará os orzamentos do 2020 ante o previsible descenso das achegas do Estado e dos ingresos municipais derivado da pandemia

Lage lembrou que o orzamento municipal ascende a 318 millóns de euros, dos cales, 58 millóns foron incorporados para executar actuacións pendentes dos últimos catro exercicios

O voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, anunciou no Pleno de hoxe que o Goberno local ten a intención de prorrogar os orzamentos deste ano ante a previsión da caída de ingresos na facenda local, a incerteza económica e un descenso na participación nos ingresos do Estado. "Sería un orzamento con máis restricións, menos flexible. E tomamos esta decisión de manter as contas até "que sexamos capaces de ter unhas mellores", recoñeceu.

Lage destacou que desde o mes de marzo até xuño estivemos nunha situación de confinamento, o que supuxo unha paralización económica do país e a imposibilidade de executarmos o orzamento plenamente.

O voceiro do goberno lembrou que na conxuntura actual o executivo non está disposto a someter ao resto das forzas a unha "performace" , a unha negociación de meses para acadar "unha situación peor" Lembrou que o orzamento municipal ascende a 318 millóns de euros, dos cales, 58 millóns incorporáronse para executar actuacións pendentes dos anos 2016, 2017, 2018 e 2019. "Temos un orzamento en 2020 que está pensado para ser executado en dous anos, algo que reflicte moi ben que aínda temos moito que facer", apuntou.

Por outra banda, Lage convidou a todos os grupos a traballar nun novo plan de reactivación económica (PRESCO) que acade o mesmo consenso que o plan que xa está en marcha. Lage asegurou que "temos a mellor disposición tanto co BNG como coa Marea Atlántica para darlle prioridade ás políticas progresistas e que todas as decisións en termos orzamentarios poidan seguir nesa senda". O Goberno local, dixo Lage, "non exclúe a ningún grupo, tampouco ao PP, pero hai unha orientación política e nos orzamentos e en todas as iniciativas que supoñan mais inversións e servizos para o Concello imos contar co BNG e coa Marea Atlántica".

Na mesma sesión plenaria, o concelleiro de Turismo, Juan Borrego, apuntou que  Vueling seguirá operando en Alvedro con "normalidade" durante a suspensión do contrato temporal co Concello. "Vueling non deixou de operar en Alvedro desde o 2009 e todos aqueles que queiran prexudicar a relación desta aeoroliña co aeroporto equivócanse e fanlle un gran dano á cidade", sentenciou.

Pola súa banda, o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, asegurou que o goberno local manterá as políticas baseadas na aposta polo transporte público, por aumentar os espazos públicos para as/os peóns e por reducir a velocidade dos vehículos e garantiu que estas actuacións se complementaran coa ampliación das zonas de estacionamento ORA para persoas residentes.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión