Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2021

O IMCE retoma a súa programación con máis de 60 representacións até xuño.

O Teatro Rosalía acolle esta tarde o espectáculo “Pura” da compañía coruñesa Os Náufragos con todas as localidades vendidas o que demostra a fidelidade do público coruñés

A programación de artes escénicas do IMCE para o primeiro semestre do ano comeza hoxe de novo cun cheo absoluto despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas e sen cancelar apenas algún espectáculo e reforzando programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello da Coruña.

Así pois, o Fórum Metropolitano, o centro Ágora e o Teatro Rosalía de Castro (TRC) volven a abrir as súas portas cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade das persoas traballadoras, das e dos artistas, persoal técnico e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade: o aforo do Forum Metropolitano, no Ágora e do TRC, que en circunstancias normais contan cunha capacidade para 300, 535 e 673 persoas, continúa reducido a 51, 90 (e 9 unidades familiares para Bebescena)  e 166 respectivamente, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal.  Sendo obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.

Como sempre, trátase dunha programación elaborada polo IMCE, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por danza (Festival TRC Danza) e teatro para adultos (ciclos Sen Numerar no Fórum e Principal do TRC), espectáculos para público infantil e familiar (ciclos Todo Público e Bebescena) e espectáculos escolares (ciclo Todo Público Escolar).

O programa do Fórum está composto por 14 compañías, que realizarán un total de 37 funcións, con 14 espectáculos diferentes e 23 días de programación; no Ágora está composto por 4 compañías, que realizarán un total de 8 funcións de 4 espectáculos diferentes en 4 domingos, e no TRC está composto por 10 compañías de teatro con 14 funcións que se desenvolverán desde o 20 de febreiro ata o 13 de xuño.

Como novidades, as funcións dos venres e sábados para público adulto adiantan o seu horario ás 20.30h no Forum e ás 20.00 no TRC para poder cumprir coas restricións á mobilidade vixentes. Ante as circunstancias actuais, os espectáculos poderán sufrir modificacións nos horarios segundo as diferentes normativas que poidan ir xurdindo, garantindo en todo momento a devolución total do importe das entradas en caso de non poder asistir se estes horarios sufrisen cambios.

Ademais, ante a situación de capacidades reducidas, no Forum Metropolitano en cada función escolar asistirá un único centro educativo e realizarase o segundo pase de cada espectáculo media hora máis tarde, para facilitar a limpeza e ventilación do auditorio.

Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos no Forum serán de 9 euros en xeral e 7 euros para persoas desempregadas, + 65 anos e carné xove, e os dirixidos a público familiar e infantil (en Fórum e Ágora) será de 6 euros e 2 euros para menores de 3 anos e 15 euros o abono 3 (3 entradas para a mesma función). E no TRC, segundo tarifa, a partir de 14, 10, 8 e 6,5 euros (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

As ventas faranse a través da web https://corunacultura.sacatuentrada.es; no despacho central de billetes da praza Ourense, de luns a xoves (agás festivos) de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas e venres de 10.00 a 15.00 horas, e unha hora antes de cada espectáculo no despacho de billetes de cada recinto (se quedan entradas).

Mais información en https://www.coruna.gal/cultura

Noticias de A. G. Concellarías - Mandato 2019-2023

12 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión