Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2020

O novo portal web do Concello achega á cidadanía a actualidade da Coruña dunha maneira máis sinxela e intuitiva

O concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, anunciou durante a súa presentación que se inicia unha nova época en que “a web se converte na segunda porta de entrada a María Pita”. O Goberno aspira a que ao final do mandato o 50% da cidadanía realice os seus trámites de maneira telemática.

O concello da Coruña estrea hoxe a súa nova páxina web cun diseño máis moderno, sinxelo e intuitivo para a cidadanía e que está pensado para usar desde os dispositivos móbiles, xa que, segundo os datos, máis do 50% dos coruñeses e coruñesas acceden á web a través do seu smartphone. O obxectivo está en mellorar os servizos que se prestan en Internet a través dun único portal onde están integradas todas as webs municipais.

Durante a presentación do novo portal, o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, explicou que a web é unha segunda porta de entrada ao concello. "Estamos ante un cambio de época que debe permitir á cidadanía, no menor tempo posible, facer xestións e atopar a información que busca, e ninguén debe quedar fóra", dixo. Por iso, mellorouse a navegabilidade e fixose unha restruturación da información.

Trátase, subliñou Lage, de eliminar todas as barreiras virtuais que se atopa a cidadanía, "remover obstáculos e desigualdades a través da tecnoloxía". Neste obxectivo, a nova web é o arranque dun Plan de Mellora Continua da Calidade da Comunicación que quere levar a cabo o Goberno nos próximos anos. De feito, todas as páxinas levan un formulario feedback en que a veciñanza poida suxerir melloras ou comunicar erros. "Non buscábamos un simple cambio estético, senón dar un primeiro paso de cara ás próximas fases que imos acometer", explicou Lage.

Entre os futuros retos destaca a mellora da usabilidade da sede electrónica sede.coruna.gob.es (EIDUS), da oficina virtual tributaria, do sistema de presentación e consulta de avisos, queixas e reclamacións, da evolución do portal de mobilidade, así como o progreso no portal web de transparencia e novo portal de datos abertos (RED.ES Cidades Abertas) e no portal de Deportes coa información de carreiras populares e a reserva das instalacións deportivas a través da web.

A nova páxina é máis útil e está máis orientada aos usuarios e as usuarias, explicou o edil de Rexime Interior, José Manuel Lage, que sinalou que o 30,1% das interaccións da ciadanía co Concello se fan a través do espazo virtual "e queremos que ao final do mandato nos acerquemos ao 50%, mellorar todos os procedementos utilizando a tecnoloxía".  Na actualidade, unha media de 9.930 usuarios utilizan a web cada día, unha cifra que o executivo confía en superar antes de que finalice o mandato alcanzando os 13.000 persoas usuarias.

Para levar a cabo a renovación da web fíxose un estudo da usabilidade que incluiu enquisas á cidadanía e consultas a persoas expertas e persoal municipal que serviron para identificar as necesidades reais, así como as áreas de mellora da web. Para iso a participación cidadá foi clave. Preto de 11.900 persoas participaron reflectindo os seus intereses. Como resultado, fixose un redeseño das seccións con máis demanda: o asistente de temas, cun índice da información clasificada por temas para facilitar a procura da información, a axenda de ocio, con todos os eventos unificados nun mesmo espazo onde os usuarios e usuarias terán a oportunidade de subscribirse para recibir no seu correo electrónico a axenda de lecer da cidade. "Tratase dunha aposta do Goberno de cara a potenciar a imaxe da cidade fóra e de que a cidadanía poida saber que facer na Coruña en todo momento", sinalou Lage.

E, por último, Comunícate, onde se aglutinan todos as canles de comunicación co concello, xa que a interacción entre o usuario e a web é outro dos aspectos que se pretende fomentar.

A web presenta novos espazos dedicados á mobilidade, aos deportes, que recollen toda a información destes ámbitos, e aos espazos públicos e infraestruturas. Outros dos servizos incluidos son os visores do planeamento urbanístico e de avisos de incidencias en navegador web e móbil.

Outros datos.

-O portal web municipal (33,21%) a web de información xuvenil (13,05) e a de Servizos Sociais (6,01) son as máis visitadas. Os dispositivos móbiles e tablets xa superan aos ordenadores como medios de acceso á web e Chrome é o navegador máis usado.

-Durante 2019 presentáronse 32.306 solicitudes telemáticas dun total de 107.307.

-A mobilidade, a tarxeta Milllennium, os avisos de tráfico, e a estación de autobuses foron os principais temas de interese.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión