Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de setembro de 2020

O novo servizo de limpeza viaria poñerase en marcha o 1 de outubro

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asinou coa UTE A Coruña Limpeza a acta de inicio do novo contrato

Inés Rey confirmou hoxe que o vindeiro 1 de outubro comezará o novo servizo de limpeza viaria despois da sinatura da acta de inicio do contrato que tivo lugar onte en María Pita. O novo servizo, apuntou a alcaldesa, permitirá empregar máis de 5 millóns de euros para adquirir a nova maquinaria que, ademais de servir para incrementar o grao de limpeza da cidade, cumprirá criterios de sustentabilidade enerxética xa que será na súa maioría propulsada por motores de gas e eléctricos e minimizará os problemas actuais de ruídos.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asinou a acta de inicio do contrato do novo servizo de limpeza viaria da cidade. Trátase dun trámite imprescindible para que a nova empresa concesionaria, a UTE A Coruña Limpeza, (UTE FCC- Ingreser Atlántica), poida facerse cargo finalmente do servizo despois de que a anterior concesionaria CESPA asinase a acta de reversión da maquinaria. A nova concesionaria empezará a prestar os seus servizos de modo efectivo coa nova maquinaria o día 1 de outubro.

O novo contrato, que supera os 14 millóns de euros anuais e ten un prazo de duración de oito anos improrrogable, servirá para mellorar o servizo que prestaba a anterior empresa, que traballaba desde hai dous anos en precario e con prórrogas.

A concelleira explicou que o novo servizo inclúe a substitución de todas as papeleiras da cidade e a limpeza dos polígonos, cun plan adaptado ás características de cada un deles, e conta cos medios para actuar con rapidez na eliminación de pintadas", subliñou.

Coa posta en marcha do novo servizo, o concello ten previsto realizar un dispositivo especial para a limpeza de zonas de ocio nocturno, festas e eventos e eliminará de forma inmediata os vertedoiros incontrolados.

Fontán apuntou que "en poucos meses teremos nas rúas da Coruña todos os servizos que axudan a mellorar a limpeza e o bo aspecto da nosa cidade" .

Noticias de A. G. Medio ambiente e Sostenibilidade

Medio ambiente e Sostenibilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión