Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de novembro de 2020

O orzamento de 2021 podería superar os 300 millóns de euros

O Goberno local convocará a todas as forzas antes de que remate o ano para negociar un novo PRESCO para o ano que vén Tramitarán un modificativo urxente para mellorar o PRESCO 2020 atendendo á boa disposición de BNG e PP O voceiro municipal, José Manuel Lage, agarda conseguir o mesmo consenso que para a aprobación do primeiro e lamentou que a Xunta aínda estea agora anunciando posibles axudas cinco meses despois: “Entre predicar e tomar decisións hai unha diferenza substancial”

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, realizou hoxe tres anuncios no pleno da Corporación que afectarán ás contas municipais de 2020 e de 2021.

NOVO PRESCO

Por unha banda, anunciou no Pleno que o Goberno local que dirixe Inés Rey convocará antes de que finalice o ano a todas as forzas políticas para negociar un novo PRESCO, coa vontade de lograr o mesmo nivel de consenso que no primeiro, aprobado por unanimidade

Lage explicou que a prioridade orzamentaria para 2021 será combater a pandemia e axudar economicamente aos sectores económicos máis afectados polas consecuencias da Covid-19. Afirmou que o goberno agarda que todos os grupos poñan por diante o interese xeral e que se consiga un acordo unánime. Agradeceulle ao grupo do PP a súa disposición manifestada durante a sesión plenaria pola súa voceira, Rosa Gallego, e tamén lle agradeceu ao voceiro do BNG, Francisco Jorquera, a súa disposición para os acordos.

MODIFICATIVO URXENTE PARA AMPLIAR O PRESCO 2020

Lage Tuñas tamén anunciou que durante este mes de novembro convocarán a todos os grupos para aprobar un modificativo de crédito urxente e reorientar as partidas económicas do orzamento vixente do ano 2020.

Dado que existen recursos económicos que estaban previsto destinárense a actuacións que non se poden levar a cabo polos efectos da Covid-19, poderanse dirixir eses fondos a outras necesidades.

Lage Tuñas sinalou que con este modificativo urxente se priorizará a ampliación das axudas económicas a persoas autónomas e a pemes, que é unha das liñas contempladas dentro do Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO).

Lage recoñeceu que "gustaríame que fósemos máis rápidos na tramitación das axudas e imos dedicar máis recursos para podermos ser máis áxiles".

O concelleiro de Economía tamén anunciou, en resposta ao voceiro do BNG, que "o Concello da Coruña poderá contar con máis de 300 millóns para o ano 2021, co orzamento prorrogado e coa incorporación de créditos vivos de anos anteriores".

Convidou ao BNG a "seguir sendo construtivos e a negociar as modificacións orzamentarias necesarias pensando sempre no interese xeral".

AXUDAS Á HOSTALARÍA

O concelleiro de Economía e Facenda recordou ademais que a Xunta aínda está agora anunciando axudas cando o Concello da Coruña as aprobou nun Pleno no mes de xuño.

Recordou que a Xunta fai un anuncio cinco meses despois da aprobación de axudas neste concello ao tempo que fixo autocrítica e explicou respecto da tramitación das axudas municipais que "nós non imos tan rápido como nos gustaría, pero entre predicar e tomar decisións hai unha diferenza substancial". O edil convidou a todos os grupos a traballaren "pensando sempre no interese xeral da sociedade".

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

11 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión