Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xullo de 2020

O Pleno aproba os cambios no orzamento do IMCE para financiar o Plan de reactivación económica e social da cidade

A Corporación deulle luz verde ao Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación

A Corporación aprobou de maneira inicial, co voto en contra da Marea Atlántica, o expediente de modificación do orzamento do IMCE 2020, que consiste nunha baixa por importe de 700.000 euros debido a unha diminución de ingresos por transferencias do Concello que foron destinadas ao Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO) tras o acordo unánime da Corporación Municipal o pasado 1 de xuño. En concreto, estes 700.000 euros financian a Liña 6 do plan de reactivación que irá destinada á industria cultural coa programación de actividades de lecer e a vinculación da cultura co comercio e a hostalaría, para o que se investirán 300.000 euros. Tamén se convocarán bolsas de creación para artistas individuais empadroadas/os na Coruña, cunha contía de 180.000 euros, e un bono cultura, que se poderá trocar por entradas para espectáculos, libros, discos e demais produtos culturais. A dotación total para esta liña cultural é de 910.00 euros.

O concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, lembrou que a aprobación desta modificación no orzamento do IMCE "é un trámite debido" para darlle cumprimento legal ao acordo acadado por unanimidade o 1 de xuño, onde se aprobou o cambio no orzamento para financiar o Plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO), que xa se puxo en marcha. Sinalou que nese acordo se recollía de maneira expresa a necesidade de dar de baixa a partida de 700.000 euros no orzamento do IMCE: "Non é una nova situación, cumprimos ese trámite legal", advertiu o voceiro municipal ante o rexeitamento da Marea Atlántica á que lle recordou que só os concelleiros que votasen en contra da modificación M2 dos orzamentos poderían recorrer a aprobación deste trámite. Lage indicou que a maior parte dos 700.000 euros non estaban destinados a actuacións de grupos da cidade, senón a grandes eventos con outro tipo de repercusión que debido á pandemia non van poder realizarse.

Ademais desta baixa, aprobouse un crédito extraordinario por un importe de 30.066 euros e un suplemento de crédito de 116.500 euros financiados co remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Neste sentido, o voceiro socialista recoñeceu que hai tempo que o IMCE atravesa unha situación complicada é difícil, pero que o Goberno local está a traballar para mellorar o seu funcionamento e poder así impulsar a actividade cultural da cidade.

Tamén saíu adiante por unanimidade o Plan local de protección da ribeira do mar contra a contaminación. A finalidade deste plan é establecer un dispositivo permanente de información, previsión alerta e actuación antes as emerxencias derivadas dun accidente de contaminación mariña, que terá capacidade para protexer a poboación e, na medida do posible, evitar ou polo menos reducir osdanos. O plan estará integrado no Plan territorial de continxencias porcontaminación mariña da Comunidade Autónoma de Galicia, CAMGAL, e no Sistema Nacional de Resposta ante a contaminación mariña.

O documento publicarase agora no BOP e expoñerase a información pública durante 30 días co fin de que as persoas interesadas poidan presentar alegacións e suxestións. O plan estará dispoñible na web: https://www.coruna.gal/medioambiente e enformato papel nas oficinas da Casa da Auga.

A Corporación tamén acordou por unanimidade a comparecencia do Concello no recurso presentado por Repsol Petróleo SA contra a resolución en que se desestiman as alegacións presentadas pola compañía contra o acordo plenario que lle deu luz verde á modificación da categoría fiscal da zona da refinería, e que supón actualizar o Imposto de Actividades Económicas (IAE) que paga Repsol. Deste xeito, a empresa pagará 265.000 euros máis ao ano tras o cambio que puxo en marcha o Goberno local.

O voceiro municipal, José Manuel Lage, explicou que a modificación supuxo equiparar o tipo de gravame a aplicar a unhas instalacións, as de refinería da Coruña, que se reparten, pola súa situación, entre os concellos de A Coruña e Arteixo."Este goberno local non fixo máis que aplicar a mesma categoría que aplica Arteixo, o que non pode entenderse como unha suba de impostos, senón como unha racionalización dunha situación anómala que ten como efecto unha maior contribución dos titulares da Refinería ás arcas municipais". Para o voceiro, a diferenza de catalogación entre Arteixo e A Coruña non tiña sentido, de aí a equiparación proposta, que vai tamén na liña da xustiza social e da redistribución equitativa das cargas fiscais que defende o Goberno de Inés Rey.

Por último, o pleno deulle luz verde ao estudo de detalle para completar e reaxustar as rasantes na esquina da avenida Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco e a outro sobre a ampliación das instalacións da entidade Showa Denko Carbón. O concelleiro de Urbanismo, Juan Villoslada, explicou que estes estudos teñen unha relevancia urbanística importante para mellorar a cidade e impulsar o tecido industrial coa ampliación das factorías de Agrela.

Ao inicio do Pleno, a alcaldesa leu tres declaracións institucionais; unha de apoio da Corporación ao colectivo LGTBI en que se reivindica a necesidade de visibilizar as persoas do colectivo como parte integral da nosa sociedade; outra de adhesión da cidade ao manifesto Slowlight para lograr unha iluminación pública sustentable e, a última, en defensa dos postos de traballo e da viabilidade da factoría Alu Ibérica na Coruña.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión