14 de xaneiro de 2021
Inés Rey: “ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Xordos de Galicia que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas”. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que este ano se asinará un convenio para que o concello conte cunha persoa intérprete de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos hospitais e nas administracións e que se impartan clases de LSE nos colexios.
O Pleno aprobou esta mañá por unanimidade concederlle a Medalla ao Mérito da cidade na súa categoría de Ouro á Asociación de Personas Sordas de A Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, agradeceulles a Susana Castelo, Manuel Andrade e Iker Sertucha, persoas representantes da entidade, a súa presenza no salón de plenos e destacou o labor desenvolto por ASPESOR na cidade nos últimos 50 anos. "ASPESOR foi a orixe da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), que se converteu nun referente dentro e fóra de Galicia e tamén do movemento asociativo das persoas xordas", sinalou Rey.
ASPESOR é unha entidade indispensable para garantir os dereitos das persoas xordas. "O labor social que desenvolve a entidade, en que destaca a promoción da lingua de signos faina acredora deste recoñecemento", explicou Rey, quen lembrou que, cando naceu a asociación, "a lingua de signos era coñecida como linguaxe mímica e 50 anos máis tarde é unha lingua declarada oficial, grazas á promoción que a asociación fixo dela". Tamén destacou o labor social da asociación, que soubo aglutinar todas as persoas xordas de Galicia e as súas familias.
Subliñou que esta distinción é o recoñecemento a un labor que fixo posible que se visualizase o colectivo de persoas xordas, a súa contribución ao derribo de barreiras que dificultan a integración deste colectivo, así como o seu liderado no conxunto de Galicia no desempeño desta función. E, como non, contribuíu á sensibilización de toda a cidadanía cara ás persoas xordas poñendo en marcha iniciativas pioneiras que foron logo adoptadas noutros concellos e institucións galegas.
Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, cualificou esta distinción como "o broche á celebración dos 50 anos da actividade dunha asociación que constitúe unha peza clave do tecido asociativo non só da cidade, senón de Galicia".
Neira anunciou que o Goberno local ten previsto asinar ao longo deste ano un convenio para que o Concello poida contar cunha persoa intérprete de lingua de signos e que aínda quedan reivindicacións pendentes, como a presenza destas/es profesionais nos centros hospitalarios e na Administración ou a posibilidade de impartir clases de lingua de signos nos colexios como materia.
Grazas ao seu labor, Galicia contou coas primeiras e os primeiros intérpretes de linguaxe de signos, unha tarefa que non estaba profesionalizada e que asumían as e os familiares das persoas xordas. Neste sentido, Neira expresou o seu orgullo de que A Coruña, en 2001, for dos primeiros concellos en asinar un convenio con ASPESOR para contratar unha destas persoas intérpretes.
Alcaldía
98 resultados
O 23 de abr de 2021
Inés Rey: “Poñemos en valor un dos símbolos da cidade; nos 20 meses que levamos de goberno investíronse máis de 700.000 euros en obras de mellora do espazo público no barrio da Falperra e máis de 900.000 euros no Ensanche”.
O 22 de abr de 2021
A alcaldesa sinalou que a nova entidade nace da man do sector privado e que conta co apoio do sector público e evidenciou que na Coruña imos todas e todos a unha e estamos unidas/os de cara a lograrmos o mellor para a cidade. O Consorcio de Turismo ten previsto realizar este ano 12 eventos que suporán a presenza na cidade de máis de 6.000 persoas e un impacto económico directo de 3 millóns de euros.
O 22 de abr de 2021
O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, e a coordinadora do ciclo, Yolanda Castaño, presentaron a segunda entrega da duodécima edición, que contará cunha cita máis en xuño tras reprogramar a visita da portuguesa Maria Rosário Pedreira: “estamos ante un modelo consolidado, que reforza as potencialidades da cultura da cidade”, explicou o edil
O 21 de abr de 2021
A alcaldesa asistiu ao acto conmemorativo polo trinta aniversario do centro da Franxa, “patrimonio vivo de todas as coruñesas e coruñeses” grazas a Luciano Gómez, o seu director, que “dun soño creou unha realidade tan valiosa para a cidade”
O 21 de abr de 2021
Inés Rey: “Mantemos o noso compromiso de non deixarmos a ninguén atrás e poñermos en marcha todos os mecanismos necesarios para atender, en condicións seguras, as persoas máis vulnerables”
O 21 de abr de 2021
A alcaldesa anunciou que se realizará o 5 de maio en María Pita e lembrou que, desde o cumio do 23 de febreiro, solucionáronse problemas de máxima importancia: “Conseguimos aliviar a situación financeira da Autoridade Portuaria, cunha moratoria para o pago da débeda até o ano 2035 e logramos tamén algo que até agora semellaba imposible: o compromiso de licitación da conexión ferroviaria a Lagosteira, unha actuación cun orzamento de 140 millóns de euros e que supón o maior investimento do Estado na Coruña en 20 anos”
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible