17 de abril de 2021
A alcaldesa da Coruña e presidenta de Edar Bens SA, Inés Rey, subliñou a importancia dunha investigación pioneira en España, realizada por unha empresa pública, que é clave desde hai un ano para tomar decisións na loita contra a pandemia
Un ano despois de poñelo en marcha, o proxecto de investigación CovidBens, que rastrexa o coronavirus SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña e da súa área metropolitana, achegará os resultados da secuenciación das diferentes variantes do virus detectadas e a porcentaxe de cada unha delas sobre o total das cargas virais. Ademais de mostrar as curvas de evolución da COVID-19 -tanto a global como as desagregadas para os cinco municipios-, de estimar o número de persoas infectadas e servir de alerta temperá, este traballo pioneiro en España, realizado pola empresa pública supramunicipal Edar Bens SA, responsable do tratamento das augas residuais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, dará máis pasos adiante buscando controlar a pandemia na comarca.
Con motivo do seu primeiro aniversario, a presidenta de Edar Bens SA e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, subliñou a importancia e utilidade "dun proxecto pioneiro, realizado por unha empresa pública en colaboración coa Universidade da Coruña e outros organismos científicos tamén públicos". "CovidBens é un elemento clave na toma de decisións das autoridades sanitarias na loita contra a pandemia e ademais ofrécelle datos á cidadanía na súa web practicamente en tempo real e coa máxima transparencia", destacou Rey. Grazas ao seu modelo matemático único, e a partir da cantidade de material xenético do virus presente na auga residual, CovidBens pode calcular aproximadamente o número de persoas infectadas na poboación, xa sexan sintomáticas ou asintomáticas e serve como alerta temperá ante posibles gromos, xa que demostrou ser capaz de se adiantar até 18 días con respecto aos datos que expuxera o sistema sanitario.
O traballo do equipo de científicos de CovidBens, composto por microbiólogas/os, enxeñeiras/os informáticas/os, químicas/os, estatísticas/os e enxeñeiras/os de camiños do INIBIC, UDC, CHUAC, CITIC, CITEEC e da propia Edar Bens SA, presentouse en numerosos foros científicos internacionais, entre eles, o 4th Town Hall Meeting Designing the EU Sewer Sentinel System for SARS-CoV-2, que definirá os próximos pasos da UE neste ámbito fundamental para combater a pandemia.
12 resultados
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
El 19 de feb de 2024
A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado
El 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
El 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible