Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de maio de 2020

O Servizo Municipal de Emprego abre o prazo de inscrición no curso en liña, e de libre acceso, de manipulación de alimentos e primeiros auxilios

As persoas interesadas poden inscribirse neste curso de manipulación de alimentos e primeiros auxilios, de 25 horas de duración, a través do portal web municipal https://www.coruna.gal/emprego/gl

Debido á situación excepcional en que nos atopamos, o Servizo Municipal de Emprego continúa co desenvolvemento da programación formativa que estaba realizando de forma presencial, e pon ao dispor das persoas desempregadas, persoas en situación de ERTE ou persoas autónomas que paralizaron a súa actividade, 100 prazas para o curso de Manipulación de alimentos e primeiros auxilios de 25 horas de duración.  

A formación en hixiene alimentaria sempre foi necesaria. É importante coñecer e cumprir as normas de hixiene durante a manipulación de alimentos, porque así poderemos garantir a seguridade destes e evitar enfermidades de orixe alimentaria. Unha manipuladora ou manipulador de alimentos é toda persoa que, pola súa actividade laboral, ten contacto directo cos alimentos durante calquera das súas fases, desde que se recibe até que chega á consumidora ou consumidor final, isto é, durante a súa preparación, fabricación, transformación, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministración e servizo.

Os primeiros auxilios son todas aquelas medidas ou actuacións que se realizan no mesmo lugar onde ocorreu o accidente ou suceso repentino e con material practicamente improvisado, até que chega o persoal especializado. Non son tratamentos médicos. Son accións de emerxencia cuxa finalidade é reducir os efectos das lesións e estabilizar o estado da persoa accidentada. Desta primeira actuación, van depender en gran medida o estado xeral e a posterior evolución da persoa ferida. Son os coñecementos mínimos imprescindibles que debe posuír calquera persoa para que, no deber de prestar axuda, sexa eficaz o labor de auxiliar a vítima até que chegan os servizos de asistencia sanitaria, baseados sempre na conduta PAS (protexer, avisar e socorrer). 

O curso desenvolverase en dúas modalidades. Na primeira delas, presencial a distancia, de luns a venres o alumnado conectarase á clase virtual ou videoconferencia a través da web de emprego e durante unha hora (de 10.00 a 11.00 h) e recibirá a clase en directo; desta maneira, poderá interactuar co resto do alumnado e coa ou co docente. A outra modalidade é en liña 24/7, é dicir, o alumnado poderase conectar a calquera hora do día, calquera día da semana, e terá opción de entrar na clase que lle corresponda, que estará gravada.  

A comunicación co ou coa docente será a través do correo electrónico. Para poder recibir o diploma acreditativo do curso, a persoa rexistrada deberá asistir ás clases ou visualizar os vídeos gravados e realizar unha serie de tarefas e probas que lle irán enviando. As/os interesadas/os poden informarse na web do Servizo Municipal de Emprego https://www.coruna.gal/emprego/gl. Unha vez enviada a inscrición, remitiráselles a confirmación e mais a data de inicio do curso. 

Innovación, Industria, Emprego e Consumo

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión