Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de novembro de 2020

Os cursos de formación do PRESCO pechan o seu prazo de inscrición con 3.600 matrículas

O gran éxito desta iniciativa conlevou a que o Goberno local ampliase 400 prazas ás ofertadas inicialmente, e programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o ano 2021

O Concello, a través dos cursos en liña gratuítos do Plan de Recuperación Económica e Social da Coruña (PRESCO), remataron o seu prazo de inscrición cun total de 3.600 prazas de formación dirixidas a persoas desempregadas, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou traballadoras/es temporais que desexen mellorar o seu emprego.

No marco do PRESCO, o Goberno local abriu o 22 de outubro o prazo de solicitude dunha batería de 50 accións formativas de balde para 3.200 persoas, que rematou o pasado domingo despois de esgotar todas as prazas dispoñibles.  O gran éxito desta iniciativa conlevou a que se ampliasen as prazas dispoñibles, así as matriculacións ascenderon ata as 3.601.

Desde o Goberno local aseguran que "a actual situación socioeconómica en que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos".

O Concello programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o vindeiro ano debido á gran demanda destes cursos. Toda a información sobre esta nova formación e as súas particularidades poderase consultar de forma detallada no portal web municipal do Servizo de Emprego.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión