13 de xaneiro de 2021
Co fin de que o público poida cumprir a normativa referente á mobilidade nocturna, a obra “Don Quijote somos todos” e as sesións do edificio do Parque Europa modifican o seu horario desde mañá
Por mor das novas medidas pola COVID que anunciou hoxe a Xunta, o espectáculo teatral "Don Quijote somos todos", da compañía Teatro del Temple, previsto para o sábado no Teatro Rosalía, adiantarase ás 20.00 horas, co fin de que as persoas espectadoras poidan cumprir coa restrición á mobilidade nocturna. Desde o recinto, agradecen a comprensión do público e recordan a súa prioridade de ofrecer un servizo nun teatro seguro. Esta normativa afectará igualmente ao horario da filmoteca do Fórum Metropolitano, de xeito que, a partir de mañá, os pases do xoves e o venres nas dúas salas serán ás 20.00 horas, mentres que os dos sábados terán lugar ás 17.15 e 17.30 horas, e ás 20.00 horas, en ambos os espazos.
Alcaldía
Sen resultados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible