Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2020

Palexco acolle o primeiro encontro profesional de turismo tras o Estado de Alarma

A cidade estrea as directrices hixiénico-sanitarias para o sector congresos

Palexco acolleu esta tarde o primeiro Encontro Profesional de Turismo "Fase A Coruña" en Palexco tras o Estado de Alarma, en que participou a alcaldesa, Inés Rey, para abordar a necesidade de adaptar a cidade ao novo escenario pos Covid-19 con todos os retos que isto supón para a administración local. A rexedora falou de cambios no comportamento das e dos visitantes, que están agora máis concienciadas/os en materia ambiental e preocupadas/os pola seguridade nos seus desprazamentos.

Rey sinalou a importancia da colaboración público-privada no sector turístico e da creación dun Convention Bureau que sirva de plataforma de captación de eventos profesionais.

Ademais, lembrou o potencial da Coruña a nivel infraestruturas cun "Pazo de Congresos, ExpoCoruña, a lonxa e o porto, unha excelente rede hoteleira e hostaleira, unha atractiva oferta turístico-cultural complementaria e sobre todo, uns grandes profesionais do sector". Para a alcaldesa, esta xornada converte A Coruña na primeira cidade en aplicar as directrices hixiénico-sanitarias para o sector congresos e supón un punto de encontro en que intercambiar coñecementos e experiencias cos principais axentes do sector coruñés, galego e outros destinos turísticos de proximidade como Xixón, Braga e Porto. Precisamente, a alcaldesa participou nun foro organizado por Radio Coruña Cadena Ser, en que debateu coas e cos homólogos destas cidades.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión