Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xaneiro de 2020

Preto de 130.000 coruñeses e coruñesas acoden a ver a Cabalgata de Reis, en que 150 artistas encheron a cidade da maxia do Nadal

A alcaldesa, Inés Rey, falou desta noite como unha das máis máxicas que se dan neste cidade nun final de desfile en que os de Oriente foron acompañados por máis de 400 pequenos e pequenas e 75 monitores/as e persoas auxiliares

Preto de 130.000 coruñeses e coruñesas acudiron a ver esta tarde a Cabalgata dos Reis, que saiu do miradoiro dos Castros e percorreu a avenida de Oza, Ramón y Cajal, avenida do Exército, Linares Rivas, praza de Mina, Cantón pequeno e grande e A Mariña para finalizar en María Pita, onde os magos de Oriente lanzaron unha mensaxe garimosa a todos os e as nenas que estaban alí congregados/as. Melchor pediu á cativada moito respecto polas persoas maiores -pais, nais, avós e avoas- e dixo estaren moi sorprendidos pola cantidade de xente que veu a velos.

Pola súa parte, a alcaldesa, Inés Rey, tamén lles dedicou unhas palabras nas que primeiro agradeceu a visita ás súas Maxestades e falou de que esta era unha das noites máis preciosas e máxicas que se dan na cidade nunha fin de festa que rematou en chocolatada para os preto de 400 rapaces e rapazas que participaron na carreira xunto aos 150 artistas de 11 compañías, que encheron a cidade da maxia do Nadal a golpe de acrobacias e zancos, de cabalos de luz e efectos.

No percorrido repartíronse máis de 6 toneladas de caramelos desde as 13 carrozas, catro trens -un deles solidario, formado por cativas e cativos da unidade de diabetes do CHUAC e da Rede Municipal de Acollida- e un bus da TVG, ademais dos doces que lanzaron as firmas patrocinadoras.

Por outra parte, 35 monitoras/es e 50 persoas auxiliares estiveron pendentes de que todo transcorrera con normalidade nunha xornada en que traballaron 132 profesionais dos corpos da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella.

Noticias de A. G. Medio ambiente e Sostenibilidade

Medio ambiente e Sostenibilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión