Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2020

Regresa o ciclo Poetas Di(n)versos tras doce anos xuntando o mellor da poesía galega e internacional

A alcaldesa, Inés Rey, e a coordinadora do ciclo, Yolanda Castaño, presentaron unha nova entrega que corrobora o bo momento da lírica no país, logo de que Olga Novo se proclamase onte Premio Nacional O apartado volve o vindeiro 26 de outubro, ás 20.30 horas, no Centro Ágora coa posta en escena do ourensán Ramón Caride e da gran dama da poesía canaria, Elsa López

A alcaldesa, Inés Rey, e a coordinadora do ciclo Poetas Di(n)versos, Yolanda Castaño, presentaron esta mañá unha nova entrega da actividade, que se reinaugurará tras o parón propiciado pola pandemia o vindeiro 26 de outubro, ás 20.30 horas, no Centro Ágora coa participación do ourensán Ramón Caride, un dos autores máis prolíficos da nosa literatura, e a gran dama da poesía canaria, Elsa López. O apartado continuará o 23 de novembro co italiano Ángelo Néstore e o noiés Ismael Ramos, que reescriben a masculinidade con moita sensibilidade e desde diversas perspectivas, para rematar o 14 de decembro coa bueuense Miriam Ferradáns e Xuan Bello, a voz máis importante da literatura en asturiano.

A rexedora falou sobre o carácter senlleiro dun apartado, que non leva dúas, tres, catro edicións, "senón que son xa doce anos de recitais", e recalcou que o seu éxito non era casualidade: "Quizais a enorme resposta da veciñanza se deba á orixinalidade da proposta que non se queda na posta en escena de escritoras e escritores do país. Búscaselles parella no estranxeiro, de xeito que a combustión das súas letras e das letras de máis aló resulta atractiva". Neste punto, Rey asegurou que o seu goberno lle dará continuidade, conscientes de que ten un público fiel que non está disposto a perder unha tarde de luns e que pode enganchar a amigas/os e coñecidas/os a beberen do xénero. Por outro lado, destacou que con Poetas Di(n)versos se apoia as librarías coruñesas porque cada cita conta cun local da cidade que escolle os títulos da escritora ou do escritor en cuestión que máis aprecia para ofrecerllos ao público.

A alcaldesa afirmou que a poesía está viva en Galicia e que proba diso é o éxito deste ciclo e mais novas como a de onte en que Olga Novo se converteu en Premio Nacional de Poesía: "O cuarto galardón en sete anos que recae en autoras e autores galegos despois de que llo concedesen a Manuel Álvarez, Gonzalo Hermo e Pilar Pallarés". Estas distincións, apuntou, corroboran que o idioma non é unha barreira e que dá igual en que lingua se escriba: "A poesía toca igualmente o corpo e a alma de todas e de todos".

Pola súa parte, Yolanda Castaño afirmou que a actividade volve con toda a forza para xuntar o mellor da poesía de Galicia e de fóra e sinalou que "estamos de parabéns despois do terceiro premio nacional que na historia se lle concede a unha obra íntegra en galego". Canto á historiografía destes doce anos de Poetas Di(n)versos, lembrou que pode contar con dous escenarios distintos, catro corporacións municipais diferentes e ata unha pandemia mundial, "pero resiste sendo o único que invita unha figura internacional ao mes".

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión