17 de outubro de 2020
Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, visitaron a Cidade Deportiva de Abegondo para presenciar o último adestramento do RC Deportivo antes do inicio da tempada
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, visitaron a Cidade Deportiva de Abegondo para presenciar o último adestramento do RC Deportivo antes do inicio da tempada, que comeza mañá co partido que xogará o equipo branquiazul co Salamanca ás 19.00 h no Estadio de Riazor.
Na visita a alcaldesa sinalou que "A nosa obriga é defender a cidade e con ela a un dos seus grandes símbolos, o Dépor". Rey quíxolles desexar "moita sorte en nome de toda a cidade neste inicio de tempada. Quixera apelar a ese espírito de unión dos últimos meses, da cidade, o equipo, a afección. Conseguistes que todos nos uníramos cun mesmo obxectivo. O acontecido serviu para darnos conta de que xuntos podemos loitar. Sen dúbida, sodes un dos símbolos máis importantes da cidade e por iso imos estar sempre con vós".
"A admirable resposta da afección, con máis de 20.000 socios e socias, demostra unha vez máis que na Coruña e no deportivismo movémonos por valores moi distintos aos daqueles que quixeron manchar o noso nome. A renovada ilusión coa que enfrontamos esta nova tempada non só nos confirma como unha cidade e unha afección excepcional, senón que ademais servirá de recordatorio permanente de que o Dépor é un sentimento que vai máis alá dos resultados" asegurou a rexedora.
A maiores, a alcaldesa mostrou o seu "total convencemento de que tanto o club como as persoas que mañá acudan a Riazor darán un exemplo de bo comportamento ante a difícil situación sanitaria que vivimos. "Conto con que nin dentro do estadio nin nos arredores veremos imaxes impropias destes tempos. Seremos exemplo de fidelidade ás cores e tamén de responsabilidade".
Por último, Inés Rey destacou a importancia socio-económica do Dépor, que "fará que mañá un partido de Segunda B vaia ser seguido por miles de persoas" así como asegurou que "o informe da Cámara de Comercio, que cifra en tres millóns de euros as perdas ocasionadas polo Caso Fuenlabrada, demostra que o Goberno local actuou correctamente ao iniciar accións legais contra LaLiga e o club madrileño", concluíu.
Deportes
11 resultados
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible