Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2021

Rey destaca a aposta do Concello por unha educación inclusiva, diversa e integral

A alcaldesa participou esta tarde no primeiro foro “Pensando en educación”, que abriu o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, no Paraninfo da Universidade

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde na apertura do primeiro Foro de Educación "Pensando en educación", que se celebrou no Paraninfo da Universidade e en que o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, afondou sobre os retos educativos actuais.

A rexedora sinalou durante o acto que este encontro organizado polo Concello se concebiu como unha oportunidade excelente para abordar un debate que está permanentemente aberto: "Celebralo é tamén a nosa aportación para seguirmos perfeccionando unha educación inclusiva, diversa e integral". Deste xeito, afirmou que o Goberno municipal asumiu como reto reactivar o compromiso coa educación a través da Rede de Cidades Educadoras, "onde volvimos xogar un papel activo" e engadiu que esa implicación se constata tamén na oferta de programas específicos educativos, culturais ou deportivos para estudantes, ou nas actividades extraescolares a través das AMPAS, "que complementan os aspectos puramente curriculares".

Así mesmo, a alcaldesa recordou que neste último ano "tivemos a oportunidade de reafirmarmos este compromiso, cando o Concello reaccionou cos medios que tiñamos e co apoio da comunidade educativa e a colaboración de centenares de voluntarias/os, ante o evidente risco de que o confinamento ensanchara a brecha social dificultando o acceso á continuidade da formación de nenas e nenos, en particular ás e aos máis desfavorecidos", asegurou Rey.

Na conferencia inaugural tamén interviñeron a vicerreitora de planificación académica e innovación da UDC, Nancy Vázquez; e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín.

A seguinte cita do foro terá lugar da man de Amelia Valcárcel, conselleira electiva de Estado e vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado, que estará o 27 de abril para tratar "A civilización feminista". As persoas interesadas en asistir á charla poderán retirar as invitacións días antes a través da web do Concello ou ben seguila por streaming.

Noticias de A. G. Alcaldía

Alcaldía

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión