21 de maio de 2020
A alcaldesa da Coruña agradeceulles en persoa o seu inmenso labor por controlar a cidade e velar pola seguridade das e dos coruñeses nesta pandemia
A alcaldesa, Inés Rey, acudiu esta mañá ao cuartel da Policía Local en Orillamar para recoñecer o labor do corpo de seguridade durante as semanas máis difíciles desta pandemia. Con motivo do Día da Policía, cuxa celebración foi suspendida este ano pola crise sanitaria, a rexedora non quixo pasar por alto a súa visita ás instalacións policiais para lles agradecer tanto ás persoas que ocupan postos de mandos como ás e aos efectivos o seu grande esforzo ao velar pola seguridade desta cidade: "Realizaron un traballo extraordinario de apoio ás familias confinadas" e incluso, recordou o xesto humano que tiveron coas nenas e nenos acudindo ás súas casas no día dos seus aniversarios a lles dedicar unha canción desde a rúa.
A alcaldesa lembrou que houbo semanas en que lles deron os parabéns a máis de 60 cativas/os, "mais non deixaron por iso de lado as súas obrigas". Rey gabou a súa profesionalidade nestes dous meses e outorgoulle a cada axente unha reprodución da Persoa Abandeirada da Milicia Honrada, en que se supón que están as orixes da Policía Local, en sinal de agradecemento.
Igualdade, Benestar social e Participación
1 resultados
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible