Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2020

Rey exalta o carácter atlántico e vangardista da Coruña en FITUR

A alcaldesa encabezou unha delegación municipal que se desprazou hoxe á feira madrileña para presentar o potencial turístico da cidade, ademais de manter encontros co alcalde de Cádiz, José María González; e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González

A delegación coruñesa desprazada á Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid coa alcaldesa, Inés Rey; a concelleira de Turismo, Diana Cabanas; e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, visitou na xornada de hoxe para potenciar as riquezas turísticas desta cidade nun acto en que, baixo o lema "A Coruña sempre aberta", proxectouse un vídeo do Camiño Inglés e o guía turístico Suso Martínez presentou a rexedora, quen defendeu un modelo onde o patrimonio, a diversión e a cultura van da man. Rey sinalou que a cidade "coñecida pola súa forma de vivir na rúa" ofrece unha experiencia que "combina a grandiosidade dos nosos espazos coa proximidade". Da ruta inglesa, asegurou que a relación da Coruña co Camiño tomará as variantes que veñen do océano, "nunha proposta que debemos coordinar coa celebración dun Xacobeo descentralizado".Neste aspecto, asegurou que o Atlántico será tamén protagonista do grande evento coruñés de 2020, a Tall Ships Races, coa chegada de máis de 50 grandes veleiros á cidade do 24 ao 27 de xullo, que provocarán experiencias inesquecibles "desas que tanto gustan en redes sociais, como ben poden constatar todas aquelas persoas que gardan na súa memoria as impresionantes imaxes das embarcacións desde a Torre de Hércules ou desde o noso monumental Paseo Marítimo, referencia europea de conexión coa paisaxe".

Rey destacou a oferta gastronómica da península porque se "Galicia é sinónimo de boa mesa, na nosa cidade atópase o seu principal escenario" e repasou os eventos que se fan eco desta riqueza, como o salón Boucatise, as xornadas Lacónicas ou o Festival Sal.No seu discurso, a alcaldesa subliñou que A Coruña é vangarda grazas a eventos cinematográficos como a Mostra de Cinema Periférico S8, actividades multidisciplinares como Mar de Mares, e musicais como o Festival Noroeste, a cita gratuíta e urbana máis importante de España, que se completa con outras iniciativas como o Atlantic Pride, onde "a tolerancia e a diversidade nos converte en premiada capital do Orgullo" ou as festas "de pura personalidade coruñesa" como o San Xoán ou a Romaría de Santa Margarida. Rey defendeu un modelo turístico coruñés para o que "contamos cunha cidadanía e un sector hostaleiro de primeiro nivel, unha oferta que emite grandiosidade sen ser abafante e que quere medrar sen perder a sustentabilidade, a súa vocación camiñable, a cultura propia e o intercambio cosmopolita. Podemos presumir dunha urbe atlántica digna de ser compartida e desfrutada". Para rematar a intervención, exhibiuse unha peza audiovisual sobre a Tall Ships Races e o Festival Sal. A delegación percorreu pola mañá o posto de Galicia e participou na presentación da actividade "Galicia sabe", en que se deu a coñecer o país en base a rutas de produtos como o queixo e o mel.Seguidamente, Rey e o resto do equipo reuníronse co alcalde de Cádiz, José María González, e coa concelleira de Turismo desta cidade, Montemayor Mures, nun encontro en que se acordou a celebración conxunta de citas ao seren as dúas cidades anfitrioas da Tall Ships Races. A rexedora convidou expresamente aos representantes gaditanos a visitar A Coruña na conmemoración dos 200 anos da súa insurrección xa que foi a primeira que se sublevou fronte ao réxime, seguindo os preceptos da Constitución de 1.812. Xa pola tarde, houbo un encontro entre o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, e o sector turístico da Coruña para ver as vías de colaboración e organizar accións promocionais entre ambas as institucións nunha xornada que rematou cunha posta en común das persoas representantes do sector do turismo da Coruña, que se deron cita no pavillón de Ifema.

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión