Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2020

Rey transmítelle o novo consello do Real Club Deportivo a disposición do concello para colaborar co club

Riazor converterase este sábado no primeiro estadio con eventos accesibles a persoas invidentes grazas a posta en marcha do proxecto “Escoita”, que consiste nun dispositivo que se pode solicitar a través do correo asistide@rcdeportivo.es e que permitirá que os e as ouvintes sigan o encontro a tempo real e sen interrupcións

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, recibiron esta maña o novo consello de administración do Real Club Deportivo de La Coruña, presidido por Fernando Vidal, ao que a rexedora lle transmitiu que o Goberno local está a súa enteira disposición para colaborar co equipo. Rei mostrou a súa satisfacción pola boa sintonía que se acadou na reunión, nunha primeira toma de contacto entre o concello e a nova directiva da entidade que disputará este sábado, ás 18.15 horas, o seu próximo partido contra As Palmas en Riazor, un estadio que se converterá no primeiro que celebre eventos accesibles para persoas invidentes grazas ao proxecto "Escoita".

A iniciativa do deportivista Jesús Suárez está impulsada pola concellería de Deportes e a Fundación do Real Club Deportivo, coa colaboración da ONCE, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Universidade da Coruña e a Facultade de Ciencias da Comunicación, así como por diversos medios locais do ámbito da prensa escrita, radiofónica e de televisión. O proxecto naceu despois de comprobar que as radios comerciais non enchen completamente as necesidades audiodescritivas das persoas espectadoras con necesidades sensoriais visuais, xa que o audio chega aos oídos con retraso, ademais dos paróns que realizan as emisoras para dar paso á publicidade e a outras desconexións. "Escoita" consiste nun equipo transmisor, dotado con micrófono ou microauricular para a persoa narradora, así como de equipos portátiles, tamén con auricular ou microauricular para os e as ouvintes da retransmisión.

Para solicitar o uso do dispositivo "Escoita" só hai que remitir un correo electrónico a asistide@rcdeportivo.es a través do que se xestionará a entrega e recollida do aparato antes e despois do encontro. No futuro, está previsto que o servizo se amplíe a outros eventos como os partidos do Deportivo Liceo ou os do Básquet Coruña no Pazo dos Deportes de Riazor.

Noticias de A. G. Economía, Facenda e Réxime interior

Economía, Facenda e Réxime interior

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión