19 de febreiro de 2021
Os concelleiros Juan Ignacio Borrego e Jesús Celemín entregáronlle esta mañá 1.300 unidades á directiva do IES Eusebio da Guarda dentro dunha campaña coa que ambas as áreas pretenden reforzar a seguridade e contribuíren a unha maior concienciación da veciñanza
Os concelleiros de Seguridade Cidadá e o de Educación, Juan Ignacio Borrego e Jesús Celemín, entregáronlle esta mañá 1.300 máscaras á directiva do IES Eusebio da Garda, dentro dunha campaña de apoio a institucións e centros escolares organizada por Seguridade Cidadá. No acto tamén participou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e varios efectivos de Protección Civil. Despois de que a concellería lles achegara a semana pasada 10.000 unidades máis a distintas entidades sociais da cidade, Borrego explicou que a repartición nos centros formativos se efectuará segundo os criterios establecidos por Educación. Así, as 20.000 máscaras distribuiranse, segundo Celemín, polos 16 institutos públicos e os catro centros de Formación Profesional que hai na Coruña en función da capacidade de cada un. Deste xeito, os de maior número de alumnado recibirán 1.300 e os que teñan menos matriculado obterán 800.
O concelleiro recordou que non é a primeira iniciativa deste tipo que se realiza por parte do Concello, que xa interveu anteriormente nas escolas coa repartición de máscaras, hidroxeles e botellos de uso individualizado para o estudantado de Primaria. Celemín destacou que xestos así reforzan a seguridade dos colexios e contribúen a unha maior concienciación da comunidade escolar sobre a importancia de lle facermos fronte á pandemia con todos os recursos posibles.
Deportes
11 resultados
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
O 8 de feb de 2024
Jonas Vingegaard, Egan Bernal, Ethan Hayter ou Carlos Rodríguez son algúns dos deportistas de elite presentes nesta competición
O 7 de feb de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O 7 de feb de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible