Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2021

Susana Seivane participa este xoves no ciclo “As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán”

A convidada conversará ás 18.00 horas co xornalista Manuel Rodríguez na rúa Tabernas, nunha cita gratuíta que se poderá seguir a través da canle de Youtube de Cultura

A gaiteira Susana Seivane será a convidada do mes de maio das conversas "As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán", coas que o Concello, en colaboración da Real Academia Galega, quere reivindicar a figura da escritora no seu centenario. Con este ciclo preténdese darlle exemplos á mocidade de mulleres que son referentes en distintos ámbitos, neste caso, no mundo da música. Seivane protagonizará a cita deste xoves, ás 18.00 horas, en que intercambiará palabras co xornalista Manuel Rodríguez. O público poderá asistir previa reserva de praza e o evento retransmitirase a través da canle de Youtube de Cultura da Coruña. A cambresa empezou tocando a gaita aos tres anos para se converter nunha das intérpretes máis prestixiosas cun recoñecemento a nivel internacional que vén do seu virtuosismo e dunha carreira cargada de éxitos.

Na iniciativa, que arrincou en marzo coa participación da alcaldesa, Inés Rey, participarán un total de oito mulleres coa presenza en abril da académica Marilar Aleixandre. Tras a posta en escena de Susana Seivane, a actividade continuará coa xornalista, escritora e vicevaledora do Pobo, María Xosé Porteiro, que conversará con Pepe Castro. Despois do verán, retomarase o programa o 2 de setembro con Imelda Capote, delegada de Facenda en Galicia, nunha xornada conducida por Luis Llera. O 7 de outubro as xornalistas Rosa Martínez e Chus Castro compartirán a súa experiencia nos medios de comunicación e o papel das mulleres na sanidade centrará o debate do 4 de novembro da man de María de la Cámara, xefa da sección de urxencias do CHUAC, e Cristina de la Vega. O ciclo rematará o 2 de decembro coa escultora e académica de Belas Artes Soledad Penalta, que será entrevistada por Noela Bao.

Noticias de A. G. Comercio, Mercados, Consumo e Barrios​

Comercio, Mercados, Consumo e Barrios​

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión