Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2020

Turismo e Hospeco destacan a rapidez de actuación ante a situación de risco xerada polos positivos do Fuenlabrada

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, mantiveron un encontro esta mañá coas persoas responsables do colectivo, en que corroboraron que A Coruña é unha cidade segura e organizada para afrontar perigos como o que se viviu estes días

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, reuníronse esta mañá co presidente da Asociación Empresarial de Hospedaje de A Coruña (Hospeco), Richard Huerta, para abordar a situación do sector na cidade, despois do vivido estes días coa chegada de positivos por COVID-19 procedentes do Club de Fútbol Fuenlabrada. O edil manifestou que de non se produciren máis contaxios, A Coruña confirmará que responde de forma rápida ante perigos como o que se vive estes días. Borrego destacou que o concello leva meses traballando para que se cumpran os protocolos de actuación e que isto xerou confianza entre a poboación e as e os viaxeiros, que ven a cidade como un destino seguro.

Segundo Lanzada, Galicia posiciónase este verán como a segunda comunidade elixida polo turismo nacional e que, en concreto, a demanda sitúa A Coruña por enriba de localidades como Sanxenxo. Neste punto, desde Turismo seguirán traballando na campaña Fase A Coruña para reforzar a idea que se ten dela como lugar tranquilo e con todas as garantías de salubridade que se esixen nestes momentos. Pola súa parte, Huerta sinalou que se ben houbo cancelacións de reservas estes días no hotel onde permanece confinado o equipo madrileño, as persoas visitantes que tiñan pensado viaxar nas próximas semanas seguen firmes na súa decisión, en parte polas declaracións rotundas que realizou onte Inés Rey, que denotan que a cidade está organizada "e que o concello ten as cousas claras".

O responsable destacou o grande esforzo que desde María Pita se está levando a cabo no control de capacidade, no uso das máscaras e na conciencia social e explicou que este verán está sendo moi atípico no que respecta ás reservas nas hospedaxes xa que se confirman nun prazo moi curto de tempo, "polo que non hai capacidade de previsión".

Desde Hospeco esperan que o ritmo se manteña e que continúen escollendo a cidade para pasar as súas vacacións: "O sector está preparado e en ningún momento estamos en contra de que veña xente de fóra. Canto aos xogadores do Fuenlabrada, temos datos obxectivos para nos enfadar, pero cremos que a xente que nos visita simplemente se ten que pór á par da nosa veciñanza. Este é o tipo de viaxeira/o que nós buscamos".

Noticias de A. G. Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión