Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2021

Un informe da USC constata a mellora na transparencia no Concello da Coruña

José Manuel Lage Tuñas: “A diferenza do que pasaba até hai ben pouco neste Concello, hoxe todos os contratos, tantos os grandes concursos como os menores, son públicos e calquera pode consultalos”

O Concello da Coruña mellora na súa transparencia, cunha nota media superior á obtida durante os dous últimos mandatos. Así se desprende dun informe redactado pola Universidade de Santiago, que recolle os datos dunha auditoría sobre o acceso á información na Coruña e que foi encargado polo executivo de Inés Rey, cumprindo cos seus compromisos sobre transparencia.

O estudo, que aplica os criterios empregados pola organización sen ánimo de lucro que mide en España a transparencia institucional outorga á cidade unha nota media de 86,25 puntos, nota que supera os 83,1 do ano 2017 e os 83,8 obtidos no 2014.

Os detalles da auditoría expúxoos esta mañá José Manuel Lage Tuñas, concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, no marco da Comisión de Transparencia. É significativa a mellora na valoración da páxina web, a relación coa cidadanía e a participación social, que pasa de 80 a 93,3 puntos, así como a mellora no dereito ao acceso á información, que pasa de 66,7 a 88,9 puntos.

"A diferenza do que pasaba até hai ben pouco neste Concello, hoxe todos os contratos, tanto os grandes concursos como os menores, son públicos e calquera pode consultalos", indicou Lage Tuñas. No Concello da Coruña non se fixeron públicos os contratos menores nin se facilitou o acceso ao resto de procedementos de contratación até o ano 2018, por obriga legal. Aínda que até entón non era obrigatorio dito acceso, xa había concellos e organismos que o facían de xeito voluntario. "O de Inés Rey é o primeiro Goberno na historia deste Concello que exporá todos os seus contratos desde o inicio do mandato até o final", indicou Lage Tuñas.

Ademais, o Concello mellorou tamén na aplicación de criterios de contratación abertos, que permiten unha maior concorrencia de empresas aos concursos. Así, explicou Lage Tuñas, no ano 2019 houbo concursos por valor de 26,6 millóns de euros, dos que só un, por valor de 77.000 euros, non foi aberto. Fronte a isto, no ano 2017, e só na área de Urbanismo, rexistráronse 24 contratos por valor de 2,4 millóns de euros dentro da modalidade de negociados sen publicidade.

O concelleiro subliñou tamén as dificultades para dispor de datos de contratación globais, porque no Concello non existe un Rexistro de Contratos que facilite un maior control e coñecemento dos gastos municipais. Lage Tuñas anunciou este mes que ese rexistro estará dispoñible antes de que finalice o ano por primeira vez na historia do Concello. Converterase nunha ferramenta máis para afondar nas políticas de transparencia implementadas polo executivo de Inés Rey.

Noticias de A. G. Igualdade, Benestar social e Participación

Igualdade, Benestar social e Participación

1 resultados

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión