21 de setembro de 2020
A convocatoria, na súa nova versión, foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles
A concelleira de Innovación, Industria e Emprego, Eva Acón, asistiu esta tarde no Centro de Empresas Accede Papagaio á presentación do programa "Tendas a exame en liña" aos comercios que participan nesta primeira edición cuxa convocatoria foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles.
A concelleira agradeceulles a todas as persoas participantes a súa presenza e destacou que a pandemia puxo de manifesto a importancia de que o pequeno comercio se adapte ás novas tecnoloxías. "Con este programa respondemos a moitas peticións das e dos comerciantes que pediades un programa de consultoría sobre redes sociais, páxinas web, márketing en liña", dixo.
Lembrou que o proceso de selección de establecementos levouse acabo de maneira que estivesen representadas todas as zonas da cidade e con produtos moi diversos. Nesta convocatoria tamén participan varios postos dos mercados municipais.
Acón sinalou que a sesión de hoxe servía de punto de arranque para lles explicar ás e aos comerciantes o funcionamento do programa, "para que empecen a tomar contacto coas distintas ferramentas que poden utilizar para conseguir unha maior visibilidade ou para mellorar a relación coa súa clientela". Durante a próxima semana unha persoa especializada visitará os comercios para analizar a situación de partida. En función diso levaranse a cabo o resto de consultorías en liña de e-commerce, márketing en liña, social selling e posicionamento SEO entre outras temáticas, buscando a que mellor encaixe cos diferentes negocios.
Medio ambiente e Sostenibilidade
1 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible