Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2020

Un total de 45 comercios participan no programa “Tendas a exame en liña”

A convocatoria, na súa nova versión, foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles

A concelleira de Innovación, Industria e  Emprego, Eva Acón, asistiu esta tarde no Centro de Empresas Accede Papagaio á presentación do programa "Tendas a exame en liña" aos comercios que participan nesta primeira edición cuxa convocatoria foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles.

A concelleira agradeceulles a todas as persoas participantes a súa presenza e destacou que a pandemia puxo de manifesto a importancia de que o pequeno comercio se adapte ás novas tecnoloxías. "Con este programa respondemos a moitas peticións das e dos comerciantes que pediades un programa de consultoría sobre redes sociais, páxinas web, márketing en liña", dixo.

Lembrou que o proceso de selección de establecementos levouse acabo de maneira que estivesen representadas todas as zonas da cidade e con produtos moi diversos. Nesta convocatoria tamén participan varios postos dos mercados municipais.

Acón sinalou que a sesión de hoxe servía de punto de arranque para lles explicar ás e aos comerciantes o funcionamento do programa, "para que empecen a tomar contacto coas distintas ferramentas que poden utilizar para conseguir unha maior visibilidade ou para mellorar a relación coa súa clientela". Durante a próxima semana unha persoa especializada visitará os comercios para analizar a situación de partida. En función diso levaranse a cabo o resto de consultorías en liña de e-commerce, márketing en  liña, social selling e posicionamento SEO entre outras temáticas, buscando a que mellor encaixe cos diferentes negocios.

Noticias de A. G. Deportes

Deportes

10 resultados

ver máis

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión