Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

Yoya Neira destaca o talento e o compromiso pola igualdade das gañadoras do I Concurso “A mirada violeta de dona Emilia”

A concelleira de Igualdade sinalou que se pretendeu que o certame non acabase na entrega de galardóns desta tarde, polo que as gañadoras recibirán clases maxistrais de ilustración e escritura creativa xunto a bonos para gastaren en cultura

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, entregou esta tarde os premios do I Concurso "A mirada violeta de dona Emilia", en que a mocidade de entre 12 e 30 anos representou de xeito gráfico e a través da escrita as súas inquedanzas relacionadas coa igualdade e a diversidade de antes e de agora. A edila recordou que o certame foi unha das actividades programadas polo 8 de marzo, e que se pretendeu que a convocatoria non acabase co acto desta tarde e fora máis alá. Deste xeito, as persoas gañadoras serán protagonistas de clases maxistrais de ilustración e de escritura creativa da man de Irene San Juan e Blanca Riestra, respectivamente.

Neira valorou o talento das cativas distinguidas e mais o seu compromiso pola igualdade que plasmaron sobre o papel. Así, Rosalía Meléndrez Bergantiños, Elba Meléndrez Bergantiños, Sara de León Angulo, Irene González Calvo, Raquel González Calvo e Antía Delgado Liñeira foron distinguidas con galardóns en que se combinan estas sesións prácticas para as primeiras clasificadas xunto a bonos para gastaren en cultura e produtos relacionados con Emilia Pardo Bazán.

Noticias de A. G. Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Sen resultados.

Busca na nosa hemeroteca de AG...

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión