Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de junio de 2020

A Xunta de Goberno Local aproba as bases para que as persoas autónomas e as pemes poidan solicitar as axudas do PRESCO

Tamén acorda a incorporación dun total de 436 traballadoras e traballadores até 2021 dentro da Oferta Pública de Emprego (OPE), que se ampliou de cara a reforzar os servizos do concello

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe nunha sesión extraordinaria as bases que regulan as axudas municipais dirixidas a persoas autónomas e a pemes para paliar as consecuencias da pandemia provocada pola COVID-19. O Goberno local simplificou os requisitos para poder solicitar nos vindeiros días as subvencións. Estas poderanse pedir unha vez que o publique unha oficina específica habilitada no viveiro municipal do Papagaio, desde a que serán atendidas as persoas demandantes.

O plan municipal  (Plan de rescate económico e social da Coruña) achega 6.235.000 euros en axudas para o mantemento da actividade, fomento do emprego e transformación dixital. As persoas autónomas e pequenas empresas poderán pedir até un máximo de 6.200 euros. Estas axudas serán compatibles tamén cos plans económicos que poñan en marcha outras administracións.

O plan dirixido a persoas autónomas e a pemes conta con dúas liñas:

Liña 1- Apoio e mantemento da actividade económica, dotada cunha partida de 4.935.000 euros.

Neste apartado, o máximo subvencionable acada os 3.700 euros por persoa beneficiaria. Poden solicitar estas axudas empresas e autónomas/os radicadas/os na Coruña e que estivesen dados de alta con anterioridade ao 14 de marzo de 2020. Subvencionarase o pago de cotas de autónomos e de Seguridade Social até un máximo de 6 mensualidades (de xullo a decembro de 2020).

Ademais, dentro da liña 1 poderanse solicitar até 1.500 euros para axudas ao pago do alugueiro de locais e haberá axudas de até 600 euros destinadas a aboar os xuros dos créditos ICO avalados polo Estado durante a pandemia.

Por último, porase tamén en marcha neste apartado axudas para incentivar a contratación, con até 1.500 euros por persoa contratada, xa sexa de carácter indefinido ou temporal, sempre que o contrato supere o ano. A cantidade subirá até os 2.000 euros se a persoa contratada é muller, ten máis de 45 anos ou son persoas de diversidade funcional ou intelectual do 33% ou superior.

Liña 2. Subvencións para investimentos, dotada dun orzamento de 1.280.000 euros.

As persoas beneficiarias poderán recibir nesta liña até un máximo de 2.500 euros. Neste apartado, as axudas irán encamiñadas á mellora, adaptación e transformación dixital das empresas.

Ademais, daranse subvencións de até 600 euros para a adaptación física dos locais ás novas normas de seguridade e hixiene derivadas do coronavirus.

En concreto, as axudas á transformación dixital están pensadas para crear ou mellorar páxinas web (até 800 euros), pór en marcha sistemas de comercio electrónico (até 2.000 euros), para novas formas de márketing 4.0 (até 2.000 euros), para implantar novas ferramentas de xestión (até 2.000 euros) e para adquirir dispositivos de pago seguros como os TPV, con axudas de até 500 euros.

Segundo o voceiro do Goberno local e concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, "este goberno está a cumprir co seu compromiso coa cidade, poñendo en marcha un plan de reactivación moi ambicioso e único en España. Son 13,2 millóns de euros que temos a vontade de que cheguen a quen máis o precisa para contribuírmos á reactivación económica da cidade".

O edil sinala que "o PRESCO é unha potente ferramenta, froito do consenso, e deseñada para que ninguén que o precise quede atrás. Non servirá só para apoiar as persoas que máis padeceron a crise da COVID-19, senón que lle dará un pulo á dixitalización das pequenas empresas desta cidade para facelas máis competitivas de cara ao futuro".

Lage afirmou que "o Goberno fai unha aposta clara polas políticas de creación de emprego e por garantir a cobertura social das necesidades desta cidadanía. Ese é o camiño fixado pola alcaldesa, Inés Rey, para deixar ao final deste mandato unha cidade mellor que a que atopamos".

Por outro lado, a Xunta de Goberno Local deulle luz verde á maior incorporación de novo persoal municipal ao concello na última década. Antes de que finalice o 2021 convocaranse as probas para cubrir un total de 436 prazas, das que 180 son de libre concorrencia, o que supón, segundo José Manuel Lage, "unha clara aposta por reforzar os servizos públicos".

En total, serán 71 as prazas da quenda libre que se convoquen para dotar de persoal traballador a diferentes servizos, ás que hai que engadir 109 do plan de estabilización, tamén en libre concorrencia.

A Oferta Pública de Emprego (OPE) do ano 2020 contempla as 38 novas prazas, cubrindo todas as que permite a taxa de reposición. Porén, a Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior decidiu ampliar ao máximo a oferta de emprego público engadindo outras 33 que ou ben non foron convocadas ou ben están pendentes de concurso durante o anterior mandato.

A oferta de emprego público inclúe tamén 256 prazas de promoción interna, boa parte delas pendentes das probas correspondentes desde anos anteriores. En total, son 436 prazas, ás que hai que sumar as xa cubertas ou en proceso durante o actual mandato, como os 38 postos na Policía Local.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión