Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de octubre de 2020

As bibliotecas municipais ofrecen cursos de inclusión dixital para superar o illamento neste tempo de pandemia

O obxectivo prioritario é formar a cidadanía no uso de ferramentas dixitais fundamentais para a comunicación, a información e a colaboración. O deseño da formación vén marcado polos condicionamentos e restricións sociais que impón a pandemia da COVID-19.

As Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o seu programa de formación dirixido especialmente a aquelas persoas que sofren en maior medida as restricións e limitacións sociais establecidas para superar a crise sanitaria por que non dispoñen de recursos e coñecementos necesarios para utilizar os medios dixitais que, agora, se evidenciaron como case a única alternativa aos nosos comportamentos habituais.

Seguindo este criterio, planificáronse cursos presenciais de distinta duración para ensinar, entre outros moitos contidos, a realizar videochamadas, sacar todo o proveito a WhatsApp, coñecer as redes sociais máis populares ou utilizar Youtube como ferramenta de aprendizaxe. Neste sentido, a maioría da formación realizarase sobre os propios teléfonos móbiles do alumnado debido á universalización do seu uso.

A formación non é puramente instrumental senón que vén acompañada dunha serie de consellos para evitar as noticias falsas ou "fake news", facer un uso ético da información ou recomendacións para relacionarse no mundo dixital e a súa nova linguaxe.

Outro piar fundamental deste programa formativo constitúeo a denominada "atención tecnolóxica" onde unha persoa experta en cada unha das bibliotecas da rede atende de maneira individual e persoal a calquera persoa usuaria que teña dúbidas ou problemas no ámbito dixital, a configuración de dispositivos ou a realización de trámites en liña.

O calendario formativo, así como toda a información sobre a atención tecnolóxica está dispoñible na web de bibliotecas: www.coruna.gal/bibliotecas.

https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/formacion/internet-e-comunicacion

https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/usa-as-bibliotecas/as-bibliotecas-ofrecenche/atencion-tecnoloxica-personalizada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión