Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2020

Benestar Social revisa á alza o prezo do menú completo dos restaurantes colaboradores no programa municipal Talón Restaurante

Yoya Neira anunciou que a concellería asume este incremento de 0,5 euros que os hostaleiros e hostaleiras participantes nesta iniciativa levaban tempo demandando

A Concellería de Benestar Social e Igualdade anunciou a través do envío dunha carta informativa aos hostaleiros e hostaleiras colaboradores do programa Talón Restaurante Municipal que o Concello asumirá a subida de 0,5 euros no prezo final dos menús, tal e como viñan demandando desde fai tempo.

A edila desta concellería, Yoya Neira, explica que "desde hai moitos anos, este programa tivo un gran éxito xa que permitiu que as persoas beneficiarias do mesmo teñan acceso a unha dieta equilibrada así como a un espazo de socialización, co consecuente beneficio para a súa saúde física e emocional" e, detalla, "o Talón Restaurante sempre ofreceu un servizo de calidade e para que así siga sendo, a Concellería de Benestar Social e Igualdade decidiu revisar á alza o prezo do menú completo que se pode consumir nos diferentes restaurantes colaboradores".

Deste xeito, o prezo máximo do devandito menú pode ser de 7,8 €. Esta subida de 0,5 € non repercutirá na persoa usuaria, que continuará pagando o mesmo que ata o de agora. Será a achega económica municipal, a través do talón que entregan as persoas usuarias no establecemento, a que asuma o incremento.

Neira aproveitou a comunicación cos hostaleiros e hostaleiras para convidarlles "a ampliar a súa colaboración co Concello no coidado dos nosos maiores e a que formen parte do programa Redeiras, unha das ferramentas coas que contamos para previr os casos de soidade". Con esta iniciativa, as persoas colaboradoras poñen en coñecemento do Concello aqueles casos de persoas maiores que acoden habitualmente aso seus establecementos e deixan de facelo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión